Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Operación Quilo 2016 - Campaña Solidaria de recollida de alimentos

Detalles

Información sobre a campaña solidaria Operación Quilo, Un Quilo Un Sorriso.

 ACTIVIDADES E DATAS

  • SÁBADO 19 DE NOVEMBRO: Inauguración da campaña no Centro Don Bosco ás 17:30
  • VENRES 2 DE DECEMBRO: Torneo 3X3 de Fútbol Sala na cancha do Centro Don Bosco, de 17:30 a 20:30.  Para equipos con xogadores con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos.
  • SÁBADO 17 DE DECEMBRO: Xogos solidarios con recollida de alimentos, productos de hixene persoal e donativos na praza 8 de marzo de 11:00 a 14:00 (en caso de choiva será no Centro Don Bosco).  Recollida polo barrio de Fontiñas entre as 11:00 ás 14:00. 
  • 28/29/30/31 DE DECEMBRO:  X Torneo Solidario de Fútbol Sala, en horario de 20:00 a 23:30 e o sábado de 10:00 a 14:00.

COMO PODO QUILABORAR?

Podes facer a túa aportación de alimentos, productos de hixene persoal ou donativos, directamente no Centro Don Bosco (Rúa Belvís, 2).  Preferentemente de luns a venres, en horario de 17:30 a 20:00.

Podes ser establecemento QUILABORADOR, instalando no teu colexio, centro, comercio... un punto de entrega de alimentos, que os voluntarios do centro Don Bosco pasarán a recoller periodicamente durante a campaña.

Podo ser voluntaria/o quilaborando nas actividades da campaña e nas tarefas de recollida e entrega dos productos.

A QUEN SE DESTINAN OS PRODUCTOS RECOLLIDOS?

Os alimentos e productos que se recollan na campaña se entregarán ás seguintes institucións de acción social: Caritas parroquial de San Pedro, Cáritas Parroquial de Fontiñas, Asociación Arela, Centro da Muller Vagalume e o Cottolengo.

O PROXECTO SOLIDARIO no que colaboramos nesta edición é o programa de axuda a mozos e mozas refuxiadas: “SOS Siria, estou atrapado nunha guerra. Axúdame” promovido pola ONGD estatal  “Jóvenes y Desarrollo” e a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.