Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

A Operación Quilo 2016 recolle 5 toneladas de alimentos

Detalles

O Centro Xuvenil Don Bosco pechou esta semana a OPERACIÓN QUILO 2016 cun balance de 4.789 quilos de alimentos e de produtos de hixiene persoal recollidos. Estes productos chegaron a 185 familias (679 persoas) con poucos recursos e foron distribuidos por varias entidades de acción social da cidade: Caritas Parroquial de San Pedro, Caritas Parroquial de Fontiñas, Asociación Arela, Centro da Muller Vagalume e o Cottolengo.

Queremos agradecer, en nome das familias desfavorecidas de Compostela, a colaboración de todas  as persoas que botaron unha man e fixeron aportacións a esta campaña da Operación Quilo 2016. Graciñas de corazón a todos e todas.

Participaron na campaña de recollida:

  • 10 colexios de Santiago, 1 de Touro e 1 de Boqueixón
  • 13 centros da rede de centros socioculturais do Concello de Santiago
  • 14 establecementos comercias da cidade de santiago.
  • o Futsal, que difundiu a campaña entre os seus socios e afeccionados e recolleu alimentos no partido do 9 de decembro no Fontes do Sar.

Todos eles foron CENTROS QUILABORADORESsituando no seus locais un punto de recollida de alimentos. Os voluntarios do Centro Xuvenil Don Bosco fixeron a recollida e clasificación dos alimentos que se foron entregando as entidades encargadas da súa distribución.

Polo volumen de alimentos recollidos, pola cantidade de beneficiarios directos e polo número de quilaboradores implicados, a Operación Quilo se consolida un ano máis como esa cadea de solidariedade en Compostela que cada Nadal convirte miles de quilos en sorrisos.

DEPORTE SOLIDARIO

Dentro da campaña, celebrouse o X Torneo Solidario de Fútbol Sala do 28 a 31 de decembro que acadou unha participación record de 20 equipos. A competición foi organizada polo Centro Xuvenil Don Bosco e polo CD Belvís coa colaboración da Concellaría de Deporte de Compostela, que cedeu os pavillóns de Monte dos Postes e de Fontiñas, da Delegación de Fúbol Sala de Santiago e do Colexio de Árbritos de Fútbol Sala.

A través deste proxecto que promociona o deporte solidario ,de varios donativos e das aportacións desinteresadas das empresas  se recadaron 1038 euros que se destinan integramente ao programa da de axuda a mozos e mozas refuxiadas da ONG: “SOS Siria, estou atrapado nunha guerra. Axúdame” promovido pola ONGD estatal “Jóvenes y Desarrollo” e a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.

REDE DE COLEXIOS QUILABORADORES

-        VILAS ABORADA
-        SAN FRANCISCO JAVIER
-        LOPEZ FERREIRO
-        SAN PELAYO
-        CEIP FONTIÑAS
-        JUVENTUD
-        SAN JORGE

-        PIO XII

-        COMPAÑÍA DE MARIA

-        PELETEIRO

-        IES TOURO
-        IES BOQUEIXÓN

 

CENTROS SOCIOCULTURAIS QUILABORADORES

-        FONTIÑAS

-        VITE

-        ENSANCHE

-        CONXO

-        CASTIÑEIRIÑO

-        TRISCA

-        SANTA MARTA

-        AMIO

-        CASCO HISTORICO

-        CASA AGRARIA

-        BRAÑAS DE ANDRES

-        FIGUEIRAS

-        BANDO

 

COMERCIOS E EMPRESAS QUILABORADORAS

-        CAFÉ BAR PROSPEROS

-        FISIOTERAPEUTA MATEO

-        FARMACIA SAN PEDRO

-        OPTICA M&S

-        PELUQUERIA MILENIO

-        LUMAR TECHNOLOGY

-        PANADERIA DE SAN PEDRO

-        FLORISTERÍA EMBORA

-        ALIMENTACIÓN NEIA

-        TELAS O TEU LAR

-        AGRO A NOSA TERRA

-        COCA COLA

-        ALCAMPO

-        EL CORREO GALLEGO

 

ENTIDADES DEPORTIVAS QUILABORADORAS

-        SANTIAGO FUTSAL           

-        VICTORIA CATEGORAI BIBERON                 

-        DUBRA  CATEGORIA BIBERON

-        CONCELLERÍA DE DEPORTES DE SANTIAGO

-        COLEXIO DE ÁRBITROS DE FUTBOL SALA

-        DELEGACIÓN DE SANTIAGO DE FÚTBOL SALA