Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

II Carreira Solidaria - proxecto Suriya

Detalles

O domingo día 11 de xuño do 2017 con horario 10:00 cadetes e categorías superiores, 10:450 benxamín e alevín, 11:00h infantil e 11:30 carreira dos pitufos e prebenxamín.

Recorrido pitufo e prebenxamin (200m Aprox)
Metade Rúa de San Pedro

Recorrido Alevin e Benxamin (600m Aprox)
Rúa de San Pedro, Fraguas, Baixada da Trisca, (por diante do parque e do Centro sociocultural), Belvís, calzada de San Pedro, Rúa de San Pedro

Recorrido Infantil (1.200m Aprox)
Rúa de San Pedro, Fraguas, Baixada da Trisca (por diante do parque e do Centro sociocultural), Belvís, calzada de San Pedro, Rúa de San Pedro (dúas voltas)

Recorrido cadetes en adiante (5.200m Aprox)
Rúa de San Pedro, Cruz de San Pedro, Fraguas, bajada rúa da Trisca (por diante do parque e do Centro sociocultural), Bispo Teodomiro, Rúa da Ameixaga, Baixada polo empedrado do parque de Belvís, cruzamos a rúa das Trompas e de novo parque de Belvís, subida a Ruela das Fontiñas, Rúa de San Pedro. (dúas voltas)


Datos xerais:
O Centro Xuvenil Don Bosco en colaboración coa ONG “Jovenes y desarrollo”, organiza a II Carreira Solidaria Proxecto Suriya

Categorias:

  • Pitufos: nados no 2012 e posteriores
  • Prebenxamin: Atletas nados en 2010 e 2011
  • Benxamin: Atletas nados en 2008 e 2009
  • Alevin: Atletas nados en 2006 e 2007
  • Infantil: Atletas nados en 2004 e 2005
  • Cadete: Atletas nados en 2002 e 2003
  • Xuvenil: Atletas nados en 2000 e 2001
  • Junior: Atletas nados en 1998 e 1999
  • Promesa: Atletas nados en 1995, 1996 e 1997
  • Senior: Atletas nados entre 1994 ata Veteráns/as A
  • Veteranos 1: Atletas dende 35 até 44
  • Veteranos 2: Atletas dende 45 até 54
  • Veteranos 3: Atletas de 55 en adiante

Horarios:
 Hora       Categorias
10:00      Cadete, xuvenil e superiores (5.200m Aprox)
10:45      Benxam´n, Alevín (600m Aprox)
11:00      Infantil (1.200m Aprox)
11:30      Pitufo, Prebenxamin (200m Aprox)


Inscricións:
As inscriccións de todas as categorías faránse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com data límite de recepción de inscricións será o 8 de Xuño as 23:59.
Dado que é una carreira solidaria en beneficio de SOS Siria o prezo da inscrición será de 3 Euros en todas las categorías.
O pago farase mediante a pasarela de pago instalada no boletín de inscricións na web www.carreirasgalegas.com
Calquer dúbida ou problema poden enviar un e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O feito de inscribirse nesta carreira implica a total aceptación do presente regulamento. Dando vost ede autorización ós organizadores a rexistrar total ou parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión.
TODO O RECADADO irá parar a causa SOS Siria da asociación Jovenes y Desarrollo.

Recollida de dorsais:
O mesmo día da proba, é dicir, o 11 de Xuño nos lugares habilitados para tal efecto no lugar de saída ata 30 minutos antes do comezo de cada proba. Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para evitar colas de última hora.

DESCALIFICACIÓNS: toda persoa que incumpra as normas da competición ou as impostas nos regulamentos das probas en ruta pola FGA e RFEA será descalificada.

Control de chegadas:
O cronometraxe e control técnico das probas correrá a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo que colabora altruistamente con esta causa.
 
Premios:
MEDALLAS: os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas no presente regulamento así como os/as 3 primeiros/as da clasificación xeral da proba absoluta