Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Operación Quilo 2017

Detalles

Información sobre a campaña solidaria de recollida de alimentos Operación Quilo, O Sabor dun Nadal Solidario.

ACTIVIDADES E DATAS

  • SÁBADO 11 DE NOVEMBRO: Inauguración da campaña no Centro Don Bosco
  • SÁBADO 16 DE DECEMBRO: Xogos solidarios con recollida de alimentos, produtos de hixiene persoal e donativos na praza da Igrexa de san Pedro de 10,00h a 14,00h (en caso de chuvia será no Centro Don Bosco)..
  • 30/31 DE DECEMBRO:  XI Torneo Solidario de Fútbol Sala, en horario de 10:00 a 23:00 o sábado,  e o domingo de 10:00 a 14:00

O PROXECTO SOLIDARIO no que colaboramos nesta edición é o programa da de axuda a mozos e mozas dos centros xuvenís de Siria: “PROXECTO SURIYA” promovido pola Federación de centros xuvenís don Bosco de Galicia e a Confederación de centros xuvenís don Bosco de España.

COMO PODO QUILOBORAR?

Podes facer a túa contribución  de alimentos, produtos de hixiene persoal ou donativos directamente no Centro Don Bosco (Rúa Belvís, 2).  Preferentemente de luns a venres, en horario de 17.30 a 20:00

Podes ser establecemento QUILOBORADOR, instalando no teu colexio, centro, comercio... un punto de entrega de alimentos, que as persoas voluntarias do centro Don Bosco pasarán a recoller periodicamente durante a campaña.

Podes ser persoa voluntaria quilaborando nas actividades da campaña e nas tarefas de recollida en entrega dos produtos.

A QUEN SE DESTINAN OS PRODUTOS RECOLLIDOS?

Os alimentos e produtos que se recollan na campaña entregaranse ás seguintes institucións de acción social: Caritas parroquial de San Pedro, Cáritas Parroquial de Fontiñas, Asociación Arela, Centro da Muller Vagalume e o Cottolengo.