Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Monográfico É Sport Ti

Detalles

É SPORT TI pretende ser un programa de transformación social utilizando o deporte e a actividade física como medio para a integración.

Desde o Centro Xuvenil Don Bosco ponse en marcha a primeira formación en psicimotricidad e iniciacion deportiva orientada a persoas vinculadas á educación formal e non formal que poidan exercer como monitores e monitoras en actividades extrescolares de Educación Infantil e Primaria

Así, utilizaremos a psicimotricidade -en infantil-, e e a iniciación polideportiva -en primaria- para favorecer a participación en actividades físico-deportivas extraescolares do alumnado entre os 3 e os 12 anos de xeito especial para aqueles nenos e nenas que non encontran o seu lugar nas modalidades deportivas maioritarias e de corte competitiva.

O obxectivo principal é ofrecer unha didáctica da Educación Física alternativa á tradicional. En consecuencia, durante a formación traballaremos coa metodoloxía comprensiva e con recursos didácticos como o xogo modificado, o control do grupo-aula, as actividades cooperativas e todas as ferramentas que permiten levar a cabo sesións de Educación Física integradoras e de calidade.

DATAS

Do 29 ao 30 de Setembro (sábado de 9 a 14 e de 16 a 21, domingo, 9 a 14).

Do 6 ao 7 de Outubro (sábado 9 a 14 e de 16 a 21, domingo de 9 a 14).

DOCENTES

Ignacio Romo Díaz-Alejo: Mestre de Educación Física en activo na comunidade de Madrid, Graduado en Primaria e Máster en CCSS para a Investigación en Educación. Monitor durante máis de 5 anos.

Mario Vázquez Mayo: Mestre en Educacion Física, Graduado en Primaria, Técnico Superior en Actividades Físicas e Animación Deportiva. Coordinador durante varios anos do Programa Integral de Deporte Escolar en Segovia.

José Alberto Escudero Valenzuela: Director de Tempo Libre en activo, mestre de Educación Física, Graduado en Primaria e Máster en CCSS para a Investigación en Educación. Coordinador do curso..

PRAZAS LIMITADAS. FORMACIÓN GRATUITA