Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Resultados Operación Quilo

Detalles

Benqueridos amigos e amigas do Centro Xuvenil Don Bosco:

Un ano máis rematou a campaña de Operacion Quilo do Centro Don Bosco que tiña a finalidade de sensibilizar e sensibilizarse cunha realidade de necesidade moi preta de nós e colaborar, coas nosas posibilidades, para axudar a familias que precisan alimentos.

Agora que finalizou queremos facervos un resumo do que aconteceu e agradecervos a vosa solidariedade.

AS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS E CALENDARIO FOI O QUE SIGUE:

- Inauguración da campaña 2013 o sábado 9 de novembro: cun acto institucional onde participou o Concelleiro de Centros Socioculturais.
- I Torneo de fútbol 3x3 OQ.
- Domingo 15 de decembro, MESA REDONDA “A realidade social en Santiago”, de 18,00h a 19,30h no Centro Don Bosco, coa participación de diferentes entidades sociais de Santiago: Cruz Vermella e Centro da Muller Vagalume.

- Venres 20 de decembro recollida de alimentos na praza do Cruceiro de San Pedro, de 17,00h a 20,00h polos rapaces e animadores de Papaventos (espazo lúdico).
- Sábado 21 de decembro recollida de alimentos por Fontiñas polos rapaces das entidades deportivas do Centro Xuvenil (deportes e khanhiwara).

- 28/29 de Nadal, 7o torneo solidario de fútbol sala.

RESULTADOS OPERACIÓN QUILO’13: UN QUILO UN SORRISO

- Total de alimentos recollidos: 3 331 quilos que se repartiron a familias necesitadas desde as Cáritas parroquiais de San Pedro, Fontiñas e Milladoiro.
- Diñeiro recollido: 1 042,90€ (servirá para axudar nun proxecto para a financiación duns paneis de Neumática en Perú dun Instituto Superior Tecnolóxico; esta axuda únese o que recollen os centros xuvenís da Federación Don Bosco de Galicia)
COLABORADORES

Ademais dos rapaces e rapazas, animadores e animadoras do Centro Xuvenil e dos diferentes grupos (Khanhiwara, C. D. Belvís/Bosco e Espazo Lúdico Papaventos ) e a Familia Salesiana, contamos con outros colaboracións estreitas: COLEXIO PÍO XII, COLEXIO LÓPEZ FERREIRO, COLEXIO JUVENTUD, COLEXIO ALBORADA, COLEXIO DE FONTIÑAS, COLEXIO FONTE DÍAZ DE TOURO, COLEXIO DE FORTE (BOQUEIXÓN), COLEXIO SAN JORGE, GRUPO CORREO GALLEGO, ALCAMPO, COCA COLA, CADENA COPE, IMPRENTA ARIGRAF, CENTRO SOCIOCULTURAL DO ENSANCHE, CONCELLO DE SANTIAGO, DELEGACIÓN DE ÁRBITROS DE FÚTBOL SALA DE SANTIAGO, FUTSAL SANTIAGO E CENTRO DEPORTIVO e, sobre todo, contamos coa participación dos veciños e veciñas do Barrio de San Pedro e de Fontiñas.

Nada máis. Agradecemos a colaboración de todos e todas e a seguir sendo solidarios en cada momento e día da nosa vida.