Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Bosco Verán 2017

Detalles

Xa está dispoñible toda a información da campaña de actividade de verán que dende xuño ata setembro se realizará no Centro Don Bosco.

MAÑÁS NO BOSCO(Xuño e Xullo)

Actividades:

Actividades para rapaces e rapazas de 4 a 17 anos.

A programación de actividades é diferente en función dos grupos de idade, con monitores diferentes; intercalando actividades de interior (obradoiros, animación á lectura,...) con actividades ao aire libre (grandes xogos, predeportivos, deportivos, xinkanas...).

As actividades desenvólvense no Centro Don Bosco e na programación contemplamos saídas puntuais a parques ou instalacións próximas ao centro.

Calendario

  • Xuño:   1ª Quenda: 26, 27, 28, 29 e 30 de xuño(5 días)
  • Xullo:     2ª Quenda: 3, 4, 5, 6 e 7 de xullo(5 días)
                3ª Quenda: 10, 11, 12, 13 e 14 de xullo(5 días)
                4ª Quenda: 17, 18, 19, 20 e 21 de xullo(5 días)
                5ª Quenda: 24, 26, 27 e 28 de xullo(4 días)

Horarios:

  • Madrugadores de 7:45 a 9:00h
  • Atención mediodía de 14:00 a 15:30h (non se sirve comida, pódese quentar)
  • Actividades de 9:00h a 14:00h. Entrada entre as 9:00h e as 10:00h e recollida de 13:30h. a 14:00h

Prezos

CUOTAS ACTIVIDADES

Todo (xuño e xullo)

Quendas soltas(xuño e xullo)

Socio

Non Socio

Socio

Non Socio

Actividades de Mañás no Bosco

80€

190€

25€

42€

 

CUOTAS MADRUGADORES E ANTENCIÓN AO MEDIODÍA

Madrugadores Con almorzo

Madrugadores Sen almorzo

Atención Mediodía

Prezo por quenda (xuño e xullo)

12€

6€

10€

ACAMPADA DE CATIVOS

Actividade a desenvolver no Centro Don Bosco os días 20 e 21 de xullo. Para nenos e nenas de 4 a 10 anos. Comeza o xoves ás 9:00h nas Mañás e remata ás 14:00h do venres. Durmen e comen no Centro Don Bosco.

 A couta desta actividade inclúe a comida, merenda e cea do xoves e almorzo do venres.

CUOTAS

Participantes en Mañás no Bosco

Non participantes en mañás no Bosco

Acampada cativos

20 €

30 €

 

 

CURSO PREMONITOR

Mozos e mozas de 14-17 anos.

Formación no eido do tempo libre cunha duración de 20 horas teóricas e 50 horas prácticas a desenvolverse dentro do marco das nosas actividades. Expedición dun certificado unha vez terminado e superado o curso.

Gratuito

Datas parte teórica : Xuño: 26, 27, 28, 29 e 30 en horario de 10:00h a 14:00h

Datas parte práctica ( 50 horas, no mes de xullo ou na primeira quenda de agosto)

CAMPAMENTO URBANO(Agosto)

Actividades

Para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos.

Con actividades como: obradoiros, saídas culturais, deportes, xogos, excursións, dinámicas ...

Calendario

  • Agosto:31 de xullo 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9, 10 e 11 de agosto (10 días)

Horarios:

  • Mañá: de 10:00h a 14:00h.
  • Tarde: de 16:00h a 20:00h.

Este horario pode variar os días de excursións e saídas.

Prezo

É unha actividade aberta e de balde na que as familias poden colaborar libre e voluntariamente para sufragar os gastos (agradecemos calquer colaboración).

Inscrición

Ata cubrir prazas

SAN PEDRINES

Para nenos e nenas de 4 a 7 anos

Con diversas actividades de interior e exterior: obradoiros, xogos, pequenas saídas, ludoteca,...

Calendario

  • Agosto:  6ª Quenda: 31 de xullo, 1, 2, 3 e 3 de agosto (5 días)

7º Quenda: 7, 8, 9, 10 e 11 de agosto (5 días)

Horarios:

  • Madrugadores de 7:45 a 9:00h
  • Atención mediodía de 14:00 a 15:30h (non se sirve comida, pódese quentar)
  • Actividades de 9:00h a 14:00h. Entrada entre as 9:00h e as 10:00h e recollida de 13:30h. a 14:00h

Prezos:

CUOTAS AGOSTO

Todo San Pedrines

Quenda solta San Pedrines

Socio

Non Socio

Socio

Non socio

San Pedrines

45€

70€

25€

42€

 

CUOTAS MADRUGADORES E ANTENCIÓN AO MEDIODÍA

Madrugadores Con almorzo

Madrugadores Sen almorzo

Atención Mediodía

Prezo por quenda (agosto)

12€

6€

10€

MAÑÁS DE SETEMBRO(Setembro)

Para nenos e nenas de 4 a 13 anos

Con diversas actividades de interior e exterior previas ao inicio de curso: obradoiros, xogos, pequenas saídas, ludoteca,...

Calendario

  • Setembro 1, 4, 5, 6, 7 e 8 (6 días)

Horarios:

  • Madrugadores de 7:45 a 9:00h
  • Atención mediodía de 14:00 a 15:30h (non se sirve comida, pódese quentar)
  • Actividades de 9:00h a 14:00h. Entrada entre as 9:00h e as 10:00h e recollida de 13:30h. a 14:00h

Prezos:

CUOTAS

Todo Mañás de Setembro

Socio

Non Socio

Setembro

30€

50€

 

CUOTAS MADRUGADORES E ANTENCIÓN AO MEDIODÍA

Madrugadores Con almorzo

Madrugadores Sen almorzo

Atención Mediodía

Prezo por toda a quenda (setembro)

14€

7€

12€

Descontos (aplícanse á totalidade de cada actividade excluíndo quendas soltas)

Nº de irmáns na actividade

Socios

Non Socios

2 irmás

3€ cada un

5€ cada un

Inscrición

  • Online: cubrindo a ficha da nosa web: https://goo.gl/XQ0aNX
  • Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela.
  • Datas límite(día tope incluído):
    • San Pedrines e Campamento Urbano:24 de xullo de 2017
    • Mañás de Setembro: 28 de agosto de 2017

No momento de facer a inscrición será necesario e imprescindible:

  • Presentar a seguinte documentación:
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante.
    • Fotocopia do DNI do pai, nai ou titor
    • Fotocopia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao participante
  • Facer o pago mínimo da metade da cuota (o resto na primeira semana da actividade). Número de conta da ETL Don Bosco no Banco Popular ES56 0075 8916 5206 0031 4739

Por motivos organizativos, as baixas comunicadas despois do 13 de xuño non teñen dereito a recuperación da cuota.

NOTA:

Atendendo ao noso lema de “ningún neno/a sen actividades” becamos casos particulares e sempre que sexa posible.

Se algunha familia quere colaborar con nós para facer realidade esta opción, pode facelo na conta do Centro Xuvenil nº 2080 0300 84 3040109663 ou entregar os donativos no propio centro.