Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

Resultados Operación Quilo

Benqueridos amigos e amigas do Centro Xuvenil Don Bosco:

Un ano máis rematou a campaña de Operacion Quilo do Centro Don Bosco que tiña a finalidade de sensibilizar e sensibilizarse cunha realidade de necesidade moi preta de nós e colaborar, coas nosas posibilidades, para axudar a familias que precisan alimentos.

Agora que finalizou queremos facervos un resumo do que aconteceu e agradecervos a vosa solidariedade.

Ler máis...

Actividades

O Centro Xuvenil Don Bosco o longo do ano ven facendo diferentes actividades sobor todo para nenos e nenas, pero tamén para os mais adultos.

  • “Operación Quilo, un quilo un sorriso”: En colaboración con outras entidades desenvólvese entre novembro e decembro. Campaña de solidariedade coas persoas con necesidades básicas. É unha actividade significativa e importante na cidade e moito eco nos medios de comunicación social (prensa, radio e televisión). Este proxecto inclúe diferentes actividades de sensibilización cara a dentro e cara a fóra: exposicións, campionatos solidarios, actividades de sensibilización…
  • Festa de Don Bosco: En conmemoración do noso patrón Don Juan Bosco, durante o mes de Xaneiro realízanse diversas actividades para celebralo.
  • Festas de Maio: Durante o mes de Maio, o celebra a festividade da patroa, Mª Auxiliadora, con distintas actividades tódolos fins de semana do mes rematando, cunha gran celebración familiar na que participan durante todo o día nenos, nenas, pais, nais, amigos, amigas, voluntarias e voluntarios do Centro.
  • Campaña de verán: Mañás no bosco, campamento urbano, San Pedrines e acampada cativos. Actividades no verán para rapaces de entre 4 e 16 anos. Desenvolvemento nos meses de xullo e agosto. Son actividades programadas e implementadas co protagonismo absoluto dos voluntarios e voluntarias da asociación.
  • Mañás no Bosco: durante as mañás de xullo, de luns a venres, en horario de 9:00h a 14:00 h, para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
  • Acampada de cativos: 3 días de xullo, para rapaces e rapazas que experimentan as súas primeiras saídas de acampada (de 4 a 8 anos). 
  • Campamento urbano: na primeira quincena de agosto, oferta urbana de mañá e de tarde con moito compoñente cultural. 
  • San Pedrines: na primeira quincena de agosto, actividades durante as mañás para nenos e nenas de 5, 6 e 7 anos.
  • Aula Informática: É un recurso moi utilizado polos monitores e voluntarios nas diferentes fases de programación das diferentes actividades ,así como polos nenos e nenas do centro. 
  • D'Amaia Xove: proposta de actividades para rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos, que se realizan ao longo do curso.
  • Bosco Nadal: programación de actividades para nenos e nenas durante as mañás no tempo das vacacións de Nadal.
  • Actividades tradicionais: Magosto, Antroido e romaría de maio. Promóvense festas populares e tradicionais galegas que inclúen moitos elementos de interrelación xeracional e de xogos populares. 
  • Servizos: biblioteca, canchas, salas para reunións, sala de televisión, salón de actos, punto de información xuvenil. As diferentes instalacións e salas están a disposición de todos e son xestionadas polos mesmos mozos e mozas que colaboran nas diferentes actividades que se organizan no Centro Xuvenil Don Bosco de Santiago. 

Versión móbil da web

Se che gusta estar informado das novas do noso centro en calquer momento e lugar, estas de noraboa, xa que xa está dispoñible a versión para móbiles(iphone, smartphones,...) da web do Centro Don Bosco.   

Presentación

O Centro Don Bosco nace en Compostela no ano 1978 pensando na mocidade desta cidade e no seu tempo libre. É un centro coa vocación de prestar un servizo a comunidade.
Proxectado polos salesianos, é unha iniciativa que ten como obxectivo favorecer o asociacionismo, a formación no tempo libre, o voluntariado, e todo o que teña que ver cunha oferta educativa para a xente nova.
Quere ser un proxecto integral de animación xuvenil por parte dun conxunto de entidades e servizos que achegan a súas particulares perspectivas. Dúas entidades aglutinan os programas e servizos do Centro Don Bosco:
O Centro Xuvenil Don Bosco e a Escola de tempo libre de animación sociocultural Don Bosco (na que tamén se atopa o Servizo de voluntariado Europeo de A punto).

Subcategorías