Inscríbete nas nosas actividades!!  

   

Reconoce  

 

   

A Operación Quilo 2016 recolle 5 toneladas de alimentos

O Centro Xuvenil Don Bosco pechou esta semana a OPERACIÓN QUILO 2016 cun balance de 4.789 quilos de alimentos e de produtos de hixiene persoal recollidos. Estes productos chegaron a 185 familias (679 persoas) con poucos recursos e foron distribuidos por varias entidades de acción social da cidade: Caritas Parroquial de San Pedro, Caritas Parroquial de Fontiñas, Asociación Arela, Centro da Muller Vagalume e o Cottolengo.

Ler máis...

Obradoiro de Inglés

O vindeiro sábado 19 de novembro de 2016 de 11:30 a 13:00 realizarase no Centro Don Bosco, enmarcado nas actividades de +Q Apoio Escolar, un obradoiro de Inglés aberto e gratuito dirixido a todos aqueles rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos, que desexen participar nun obradoiro de lectura e manualidades dirixido en inglés por unha profesora nativa.

Non é necesario preinscribirse.

Operación Quilo 2016 - Campaña Solidaria de recollida de alimentos

Información sobre a campaña solidaria Operación Quilo, Un Quilo Un Sorriso.

Ler máis...

Magosto 2016

O vindeiro sábado 19 de novembro de 2016 realizaremos ás 17.00 o noso xa tradicional Magosto.

Trátase dun momento idóneo para que todas as persoas achegadas ao noso centro poidamos compartir unha tarde de lecer.

Convidamos a achegarvos para desfrutar do magosto todos xuntos.

Subcategorías