O Centro Don Bosco realizará durante o periodo vacacional do Nadal actividades infantís para nenos e nenas de 4 a 13 anos e xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos, durante as mañás do 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2019 e do 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020. Actividades educativas apropiadas para pasar mellor o Nadal: obradoiros, deporte, xogos... en grupo e acompañados permanentemente por monitores.
- Actividades
- Infantís de 4 a 13 anos: xogo, espazo lúdico, obradoiros, deportes, ...
- Xuvenís de 14 a 17 anos: sala moza, obradoiros, grafitti, cine forum, musica, xogos de rol, ...
- Datas
- Completo: 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2019 e do 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020
- Quenda 1 - NADAL: 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2019
- Quenda 2- ANO NOVO: 2, 3, e 7 de xaneiro de 2020
- Horarios:
- Actividades: de 9,00 a 14,00h.
- Madrugadores: de 7,45 a 9,00h.
- Atención ao mediodía: de 14,00 a 15,30h.
- Atención ao mediodía extendida: 15,30 a 17,30
- Cuotas:
ACTIVIDADES BOSCO NADAL - (4 a 17 anos) |
Non Socios |
Socios |
Actividade completa |
70 € |
50 € |
Quenda 1 – NADAL (decembro – 6 días) |
50 € |
35€ |
Quenda 2 – ANO NOVO (xaneiro - 3 días ) |
25 € |
18€ |
Días soltos |
10 € |
6€ |
SERVIZOS BOSCO NADAL |
Madrugadores CON almorzo |
Madrugadores SEN almorzo |
Atención mediodía |
Atención mediodía extendida |
Actividade completa |
20 € |
12 € |
20€ |
20€ |
Quenda 1 (decembro - 6 días) |
14€ |
9 € |
14€ |
14€ |
Quenda 2 (xaneiro - 3 días ) |
7 € |
5 € |
7 € |
7 € |
Días soltos |
3€ |
2€ |
3 € |
3 € |
- Desconto por irmáns: 5€ por cada un, 3€ no caso dos socios, no total da actividade (non aplicable a días soltos).
Inscrición
- Online: cubrindo o Formulario Inscrición Bosco Nadal
- Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
No momento de facer a inscrición será necesario e imprescindible para ter a praza reservada:
- Presentar a seguinte documentación:
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Fotocopia do DNI do pai, nai ou titor
- Fotocopia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao participante.
- Facer o pago da cuota.
FORMAS DE PAGO: O pago pódese facer en efectivo ou por tarxeta nas nosas instalacións e por transferencia ou ingreso bancario na conta da ETL Don Bosco no Banco Popular ES56 0075 8916 5206 0031 4739
Para máis información chamar ao teléfono 981582243 ou enviar email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.