O curso de director de Tempo Libre consta de dúas fases,a fase teórico práctica e a fase de prácticas.
Requisitos:
- Para realizar o curso é necesario estar en posesión do título de monitor de tempo libre e acreditar experiencia no campo do tempo libre.
A fase Teórico práctica
Ten unha duración de 150 horas, organizadas en 15 xornadas de 10 horas cada unha, correspondentes polo xeral a unha asignatura do plano de estudios entregado en folla aparte.
Avaliación:
- A asistencia: aqueles alumnos que deixen de asistir a máis de 30 horas, perden automaticamente a matrícula, e son considerados non aptos. As faltas débense xustificar.
- As observacións do profesorado e do coordinador do curso.
- A elaboración e entrega dos traballos esixidos polos profesores e dun caderno de traballo final, nos prazos establecidos.
En caso de non recibir ningunha notificación o remate do curso e dos prazos de entrega, quere dicir que non hai problemas e sodes aptos.
A fase de prácticas
Ten dúas modalidades de realización:
- 14 días de actividade intensa nunha actividade ó aire libre (campamentos colonias,…) en bloques non inferiores a 3 días
- 150 horas en actividades cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.
Responderán a un proxecto elaborado polo alumno e realizado nas súas fases de infraestructura, organización, execución e avaliación, dirixido a uns destinatarios concretos. Será necesaria a existencia dun responsable de prácticas designado pola entidade receptora.
En caso de non ter onde poder realizala, a Escola buscará as practicas a aqueles alumnos que o soliciten.
Tedes dous anos de prazo para realiza-las.
Avaliación
O alumno – a deberá entregar:
- Previa á realización, unha programación das prácticas, que describa en que van a consistir. Deberá conter os elementos básicos de toda intervención educativa planificada.
- Unha ver rematada a práctica, unha memoria de elaboración propia e individual, que conteña unha síntese da experiencia nas diferentes actividades, as vosas valoracións individuais e grupais.
- Xunto coa memoria, un informe de quen exercera de director desa actividade.