
Para comezar propoñémosvos unha actividade en movemento que se pode adaptar aos espazos de cada casa. Aquí vos deixamos un listado de posibles obstáculos adaptables á idade e un video onde podedes ver un exemplo de cada un deles:
- Latas a gatas e volta facendo eses (“S”).
- Saltar a ponte e pasar por debaixo dela (que será unha persoa adulta a que vaia facendo de ponte, facendo flexións).
- Meter xoguetes cos pes na súa caixa.
- Alternativa a saltar á comba,saltar o pao da escoba (outra persoa o movera de dereita a esquerda).
- Encestar bolas de papel facéndolle un burato á tapa dunha caixa de zapatos, á que lle debuxaremos unha boca.
- Tragabolas: cuns vasos de plástico intentar cazar o maior número de pelotiñas.
- Nunha superficie inclinada deixar rodar seguido obxectos e intentar cazar cun cubo o máximo número deles.
- Colocar unha cinta adhesiva (fixo) entre os marcos dunha porta e intentar pegar o máximo número de obxectos (cousas que non pesen moito, incluso papeis ou cartonciños) no menor tempo posible. A altura do fixo terá que ser o suficiente como para que haxa que dar un saltiño para chegarlle.
- Pescar gomas do pelo nunha tina chea de auga cun pauciño (lápis, pincel, tenedor, etc.)
- Mantear unha bola entre 2 persoas sen que caia, empregando unha toalla o unha saba.
Deixamos este enlace no que se poden ver as actividades e outras moitas máis en Facebook
