
Hoxe queremos facer a nosa propia maceta reciclada na que poder xerminar unha planta.
O noso obxectivo é facer algo así:

Para o que precisaríamos unha botella de plástico, tapóns, e un rotulador permanente.
Outras opcións serían:

Para estas dúas opcións precisariamos ter óleo en tubos para pintar as botellas, ou pintura en spray. Non obstante, é recomendable que a botella non estea moi pintada xa que desta maneira á nosa pranta non lle dará tanto o sol.
Unha vez teñamos a nosa maceta preparada, pasaremos a plantar a nosa semente, para elo, precisaremos de lentellas ou fabas e de algodón. Poremos un anaco de algodón humedecido na maceta e meteremos as nosas sementes.
Cómpre que estean preto dunha fiestra para que lles dea o sol polo día. En cuestión dun par de días, a nosa planta comezará a dar raíz.
Pasada unha semana, a nosa planta xa estará lista para pasar a terra.
Podemos aproveitar estos días na casa para observar como a nosa planta vai medrando.
Aquí podemos ver un vídeo de como ten que ir medrando a planta:
