
A continuación ímosvos propoñer unha serie de personaxes. Ademais, imos propoñer diferentes situacións que serán as que teredes que interpretar. Tamén haberá unha lista de acentos cos que falar e outra lista de palabras que haberá que dicir.
- O xogo consiste no seguinte: escribiremos os diferentes acentos en papeliños que dobraremos e meteremos nun recipiente. Faremos o mesmo coas palabras.
- Cada un dos participantes escollerá unha personaxe. Tamén escolleremos unha situación.
Personaxes |
Situacións |
| Princesa/Príncipe | Alguén se colou no castelo |
| Rei/Raiña | A princesa quere casar co vagabundo |
| Vagabundo/a | É o aniversario do rei |
| Can falador | A princesa suspendeu matemáticas |
| Soldado | As personaxes van explorar novos territorios montados a cabalo |
- As situacións pódense adaptar ás personaxes tanto en número como en xénero.
- Os acentos que se porán no recipiente poden ser os seguintes: inglés, latino, andaluz, francés, italiano . Podedes engadir os que queirades.
- No medio da representación, de vez en cando sacaremos un papeliño do recipiente das palabras. Teremos que integrar as palabras que saquemos na nosa interpretación. As palabras serán as seguintes:
cocodrilo, tarta de chocolate, dominó, coroa, cociñeiro, Dora a Exploradora, rotulador azul, película, espaguetis, ra, almofada, gafas, guitarra, teatro, presidente, madeira, correo electrónico, espello, mazá, festa, historia, cepillo de dentes, ornitorrinco, tocadiscos, Leo Messi .
