
Para hoxe queremos propoñervos facer algo moi doce. Que vos parece se para merendar, preparamos Smothies para todos?
Ingredientes:
- 2 vasos de leite
- 2 iogures naturais ou de amorodos
- 200 gramos de amorodos
- Azucre (Opcional)
- Xeo (Opcional)

Elaboración:
- Unha vez que quitamos a parte de arriba, lavamos ben os amorodos con auga baixo a billa.
- Xa limpos, botámolos no vaso da batidora, xunto co leite e os iogures, e trituramos ben.
- Unha vez feito, probar por se queredes engadir algo de azucre.
- Se queremos que o noso smothie quede ben frío, podemos engadir xeo picado a mestura.
- Para rematar servirémolo nun vaso e xa estamos listos para merendar!
Se queres facer smothies doutros sabores, aquí vos deixamos algunha receita máis: https://saposyprincesas.elmundo.es/recetas/bebidas/5-smoothies-sanos-para-toda-la-familia/
