
Xa case non nos acordamos de como era a nosa vida antes de pasar este gran desastre.
Hai unhas semanas, a nosa vida estaba marcada polo reloxo: todos os días realizabamos moitas actividades e moitas veces indo rápido e sen descanso dun sitio para outro.
The lost Thing é unha preciosa historia que é toda unha chamada de atención sobre o noso estilo de vida, sobre a maneira que temos de encerrarnos en nós mesmos e esquecernos do que sucede ao noso ao redor. Estamos tan ocupados coa nosa vida que moitas veces non vemos que ocorre á xente que nos rodea, os seus problemas, as súas dificultades…
Toda unha lección a que nos dá este mozo que recollendo tapóns de botella na praia descobre unha criatura de aspecto estraño que parece estar perdida. Cando tenta saber a quen pertence, comeza o problema pois a ninguén máis lle interesa. Ninguén está disposto a axudar, ninguén está disposto a prestar atención a esa inesperada interrupción nas súas vidas.
Como acaba a historia? Moito mellor se a vedes:
