
Que tal se vos dan os xestos? Pois imos a practicar:
- Notas o que escribo?: Xogade por parellas (se sodes impares facede turnos). Unha persoa escribiralle á outra na espalda co dedo primeiro unha letra, despois unha palabra, ata facer un debuxo se queredes… e terá que adiviñar. Coidado coas cóxegas! Podedes provocar un ataque de risa!
- Palabras no aire: Alguén escribirá unha palabra no aire co dedo e as/os demáis terán que averiguala. Quen acerte gaña un punto, podedes facer un taboleiro para ir anotando as puntuacións. Se queredes complicalo un pouco podedes escribir frases completas, como “eu quedo na casa”; ou tamén, escribilas con outras partes do corpo… como o cóbado ou o traseiro! Seguro que resulta divertido!
- Palabras a cegas: Alguén terá que vendar os ollos. Outra persoa, colléndolle a man, escribirá nun papel unha palabra, ou fará un debuxo para que quen ten os ollos vendados adiviñe.
- Xogo das películas: Este é un xogo clásico onde alguén fai mímica (sen falar e sen sons) para representar algunha película e os demáis teñen que adiviñala. Pero non por ser clásico deixa de ser un xogo divertido e que nos fará pasar un bo rato, ademáis de coñecer se estamos postos ao día no que a cine se refire
