
Materiais precisos:
- Folios, rotus ou lápices de cores e cinta adhesiva.
- Opcional: pintura de dedos.
Imos facer un percorrido coas siluetas das nosas mans e os nosos pes, que logo teremos que seguir.
Para poder facer as siluetas, temos varias opcións:
- Debuxar e colorear as siluetas dun pé esquerdo, un pé dereito, unha man esquerda e unha man dereita. Una silueta por folio.
- Pintar as siluetas con pintura de dedos (ou con calquera tipo de pintura que teñamos dispoñible na casa). Pintamos as nosas palmas das mans e as plantas dos pés con pintura de dedos, e ímolas marcando en distintos folios.
Para xogar, facemos 10 filas horizontales, e en cada fila haberá 3 folios de siluetas distintas. Cada fila indica a forma na cal debemos percorrer ese camiño.Si na primeira fila hai un pé esquerdo, unha man dereita e unha man esquerda, así temos que colocarnos, e así sucesivamente.
Olla neste enlace un exemplo: https://www.pinterest.com/pin/783556035157266168/
