
MENSAXES SECRETAS
Materiais:
- Limón
- Papel
- Pincel limpo o bastonciño de algodón
- Lámpada de escritorio ou candea
Procedemento:
- Espremer o limón e colocar o zume nun recipiente pequeno, esta será a nosa tinta invisible.
- Mollar o pincel ou bastonciño de algodón no zume de limón, e comezar a escribir sobre a folla de papel en branco.
- Unha vez feito, deixar que seque.
- Para ler a mensaxe oculta, só terás que aplicar calor sobre o papel. Achegar o papel á lámpada ou á candea para poder quecelo. A calor fará que a mensaxe escureza , permitindo ler o que escribimos!

CHOIVA
Materiais:
- Escuma de afeitar ou escuma para o cabelo
- Vaso
- Auga
- Colorante alimenticio ou acuarela líquida
- Culler pequena
Procedemento:
- Encher ¾ do vaso con auga da billa.
- Usa a espuma para crear unha nube na superficie da auga, deixar repousar un par de minutos.
Engadir varias gotas de colorante alimenticio enriba das nubes de escuma. A medida que a nube pesa máis polo colorante, observarás como cae a auga creando un efecto similar a chuvia.

ARCO DA VELLA
Materiais:
- Vaso con auga
- Espello
- Cuarto escuro
- Lanterna
Procedemento:
- Coloca o vaso de auga sobre unha mesa e coloca o espello no seu interior coa parte interior en ángulo.
- Asegúrate de que o cuarto quede totalmente a escuras, pecha cortinas,persianas, portas..
- Colle a lanterna e dirixe a luz ao espello que está no vaso. Observa como aparece un arco da vella!

Se queres facer outros experimentos, bótalle un ollo a este enlace: https://arbolabc.com/experimentos-caseros-para-ni%C3%B1os
