Nun bosque preto da cidade vivían dous vagabundos. Un era cego e outro collo; durante o día enteiro na cidade competían o un co outro.
Pero unha noite as súas chozas incendiáronse porque todo o bosque ardeu. O cego podía escapar, pero non podía ver cara a onde correr, non podía ver cara a onde aínda non se estendera o lume.
O collo podía ver que aínda existía a posibilidade de escapar, pero non podía saír correndo.
O lume era demasiado rápido, salvaxe- , así pois, o único que podían ver con seguridade era que se achegaba o momento da morte.
Os dous déronse conta que se necesitaban o un ao outro. O collo tivo unha repentina claridade: «o outro home, o cego, pode correr, e eu podo ver». Esqueceron toda a súa competitividade.
Nestes momentos críticos nos cales ambos ían enfrontar á morte, necesariamente esquecéronse de toda estúpida enemistade, puxéronse de acordo en que o home cego cargaría ao collo sobre os seus ombreiros e así funcionarían como un só home, o collo pode ver, e o cego pode correr.
Así salvaron as súas vidas. E por salvarse a vida, fixéronse amigos e deixaron atrás todas as seus conflitos.