
Que vos parece se movemos un pouco o corpo cunha competición? Hoxe propoñémosvos unha variante deste xogo tradicional, para iso necesitaremos: Folios, ceras, celo, cronómetro e moita enerxía!
A idea é, primeiro é facer con folios e ceras ou pintura de dedos ou directamente imprimir varias imaxes de mans (dereita e esquerda) e pés (dereito e esquerdo), o número dependerá do longo e o complexo que o queirades facer,. Unha vez as teñamos, iremos facendo diferentes combinación como vedes na imaxe, como mínimo tedes que colocar 10 ringleiras. Pegádeas ben no chan dun espazo amplo ou no corredor de casa, para que non se movan. E preparádevos, collede un cronómetro para ver quen é o máis rápido, que comezamos! Aquí deixamos un vídeo resumo: https://pin.it/PM54kud

