Imos a ver que tal vos movedes despois de tanto días confinados en pouco espazo. Tentade isto:
- Labirinto: Trátase de trazar unha liña laberíntica no chan e camiñar por riba dela tratando de manter o equilibrio, cun pé detrás do outro. A liña podédela marcar con cinta adhesiva, ou cunha lá pegada no chan, ou con tiza que despois limparedes. Cronometrade o tempo que vos leva facer o percorrido e tratade de superar as vosas marcas persoais. Podedes complicar o xogo metendo un pouco de arroz nunha bolsiña, nun calcetín… e levándoa en equilibrio sobre a cabeza mentres facedes o percorrido. E para rizar o rizo, podedes poñer obstáculos que ir sorteando sobre o trazado.
- Convírtome en…: Haberá que realizar unha carreira de relevos polo corredor da casa pero cunha particularidade, cada volta se fai desprazándose dun xeito diferente: correndo cara adiante, cara atrás, lateralmente, convertíndose en gatiños, en monstruos, en enaniños, nun coche de carreiras, nunha tartaruga, nun cangrexo, nun pirata cunha pata de pao (á pata coxa), lento coma un caracol, rápido coma unha gacela, coma unha serpe (arrastrándose)…
- Cambia de roupa: É unha carreira de relevos na que o relevo se da cambiando a chaqueta co/a compañeiro/a. Cronometrade o tempo que vos leva facer o percorrido.
- Caza de cores: Quen queda berra unha cor e os/as demáis terán que ir correndo a tocar algo que sexa da devandita cor. Se quen queda te pilla antes de que a toques intercambiades os papéis.