
Hoxe propoñémosvos facer un xogo de mesa ao grande sen necesidade de ter o xogo.
O xogo consistirá en lanzar un dado e, dependendo do número que saia, facer unha ou outra proba. A proba a terá que superar a persoa que tire o dado. As probas son as seguintes:
- Password: se sacamos o número un, xogaremos ao Password que consiste en tratar de que o contrincante adiviñe unha palabra. Para acadalo, darémoslle pistas, pero estas pistas só poden ser palabras. Non valen xestos, nin frases enteiras. Para obter as palabras, podedes usar un xerador de palabras aleatorias online como o seguinte: https://www.palabrasque.com/palabra-aleatoria.php
-
Pictionary: se sacamos o número 2, xogaremos ao Pictionary que consiste en debuxar un obxecto e os demais o adiviñen.
-
Pregunta trivial: se sacamos o número tres, farannos unha pregunta de estilo Trivial, se a adiviñamos gañaremos o punto. Podemos atopar preguntas deste tipo na seguinte páxina: https://psicologiaymente.com/desarrollo/preguntas-para-ninos-de-primaria
-
Mímica: se sacamos o catro faremos unha proba de mímica que consistirá en facer unha representación mediante xestos (sen falar) dun animal, unha profesión, un obxecto, unha emoción, un deporte, unha sensación…
-
Adiviña a canción: se sacamos o número cinco, teremos que adiviñar unha canción tarareada.
-
Se sacamos o seis, podemos escoller facer a proba que queiramos das anteriores.
