
Moitas veces sentimos presión e tensión no corpo polas situacións que vivimos no día a día. Pero hai técnicas e mecanismos para axudar a destensar o noso corpo. Unha delas, é a pelota antiestrés. Esta semana imos facer unha.
Os que teñamos internet podemos facelas seguindo este vídeo:
Os demais podemos seguir estas indicacións:
- En primeiro lugar mesturaremos nun recipiente, fariña e arroz por cada dous vasos de fariña poremos un de arroz e mesturarémolo ben.
- Cando xa teñamos a mestura axudarémonos dun embude para encher o noso globo, e cubrirémolo con dous globos máis, unha vez teñamos a pelota do grosor que queremos.
- A continuación para reforzalo e que sexa un pouco máis resistente utilizaremos outros globos para envolvelo un pouco máis, para iso recortaremos a punta e cubrirémolo con dous globos máis
- Unha vez teñamos a base da nosa pelota antiestrés con globos podemos decorala para que sexa un pouco máis divertida, imos facer un poliño e un porquiño.
- Para facer o poliño intercalaremos un globo amarelo un laranxa e outro amarelo desta maneira obteremos un pico de cor laranxa e o resto do noso poliño será de cor amarela.
- Para facer o porquiño faremos o mesmo pero xogaremos cun ton rosa e un vermello para o fociño e xa para terminar acabarémolos de decorar cun rotulador permanente de cor negra.
Entre as vantaxes que podemos atopar o uso de pelotas antiestrés é para fortalecer os músculos da man, relaxarnos, mellorar o noso estado de ánimo, aliviar a tensión e mellorar a coordinación dos nosos músculos.
