
Para este xogo precisaremos: papeis de cores (ou calquera papel reciclado), forro de libros (o no seu defecto fixo, cinta adhesiva grosa), tesoiras, clip (un por cada xogador), anaco de la/fío/cordón (un por cada xogador) e un pau (un para cada xogador). E o lugar de xogo será ao redor dunha tina, caldeiro, bañeira, etc. con auga.
Para facer os peixes: debuxaremos os peixiños en papel e os forraremos ben (xa que os imos a meter na auga). A cada un deles lle faremos un buratiño (se temos un sacabocados mellor, senón, facemos dous pequenos cortes en cruz e logo recortamos o burato do tamaño que queiramos. Podemos botar os peixos na auga.
Para a cana de pescar, lle atamos nun extremo do pau o fío, e no outro extremo do fío, o clip. Teremos que deformar un pouco o clip para que quede en forma de gancho e conseguir insertalo lo buratiño dos peixes.
E listo, a pescar!

