
Para este xogo precisamos un dado. En cada unha das caras do dado, poremos a forma na que nos debemos desprazar: en crequenas, saltando, de xeonllos, á pata coxa, reptando polo chan, marcha atrás…
- Ademais, precisaremos de uns pequenos círculos de cores que podemos recortar de material reciclado (cartolina, goma-eva, caixa de cereais, de zapatos…).
- Espallamos polo chan os distintos círculos de cores.
- Lanzamos o dado e temos que desprazarnos da forma indicada ata o círculo da cor que nos indique outro xogador.
- Por exemplo: xogamos dúas persoas, unha lanza o dado e lle sae á pata coxa, terá pois que ir á pata coxa ata as cores que lle indique a outra persoa. Esta poderalle indicar máis dunha cor na mesma quenda.
- No seguinte vídeo temos un exemplo:
