
Érase unha vez unha familia de ratos que vivía na despensa dunha casa. Eran felices, pero vivían co medo de ser atacados por un enorme gato, de maneira que nunca se atrevían a saír xa que, fora de día ou de noite, ese temible inimigo sempre os estaba a vixiar. Un bo día, decidiron poñerlle fin ao problema, polo que celebraron unha asemblea a petición do xefe dos ratos, que era o máis vello de todos. Este díxolle aos presentes:
– Mandeivos convocar para que entre todos tratemos de atopar unha solución. Non podemos vivir así!
– Pido a palabra! – dixo un pequeno rato moi atento.
– Atemos un cascabel ao gato e así saberemos en todo momento por onde anda.
Tan interesante foi a proposta que foi aceptada por tódolos roedores entre grandes aplausos e felicidade. Co cascabel estarían salvados xa que ao facer ruído lles avisaría da chegada do inimigo co tempo suficiente para se poñeres a salvo.
– Silencio! – gritou o xefe dos ratos para logo engadir: – queda pendente unha cuestión de suma importancia: quen de todos nós lle vai poñer a cascabel ao gato?
Ao oír isto, tódolos ratos quedaron calados porque non era capaces de responder tal pregunta. E voltaron correndo ás súas covas famentos e tristes.
