
Para convertervos en verdadeiros artistas, podedes probar a facer a vosa propia música construíndo os vosos propios instrumentos:
- Maracas: cun recheo de arroz e un envase baleiro seguro que sodes quen de crear unhas estupendas maracas. Decorádeas ao voso gusto.
- Kazoo: cun tubo de cartón do papel de cociña, un trozo cadrado de pepel celofán (10×10 cm) e unha goma elástica podedes facer este divertido instrumento. Para iso hai que facer un burato no tubo, a uns 6 cm dun dos extremos. Ponse o trozo de celofán no extremo do tubo máis próximo ao burato que fixemos e suxéitase con goma elástica. Decórase o kazoo e a facer música. Lembra que hai que falar ou cantar polo extremo libre do tubo (non soprar).
- Xilófono: Moi sinxelo e divertido. Só necesitades uns cantos vasos (ou botellas de vidro pequenas). Énchense con diferentes cantidades de auga. Cunha culler metálica e unha de madeira golpéanse os vasos e poderedes observar os diferentes efectos musicáis.
- Frauta/palliña para os máis profesionais ;-):
Seguro que se vos ocorren moitos outros instrumentos reciclados. Enviádenos algunha foto!
