Descubrir os sons. A ver como andades de oído. Alguén da casa terá que vendar os ollos e descubrir os obxectos que fará soar a/o compañeira/o de xogo. Podedes empregar os obxectos máis diversos que teñades pola casa para poñer a proba os vosos oídos.
Xirar o micrófono: Fórmase un circulo e ponse o micrófono (podédelo facer co que teñades na casa) no centro. Faise xirar e a quen apunte debe elixir entre bailar, cantar ou contar un segredo.
Estatuas musicáis: Poñede a vosa música favorita e bailade con ganas. Cando alguén pare a música teredes que quedar quedos coma estatuas, se alguén se move perde o xogo.
Agora podemos tentar aprender diferentes ritmos coa percusión. Non necesitades un tambor moi sofisticado, abondará cun balde e uns paos (ou cubertos de madeira):
