
Está claro que estamos a vivir un momento histórico, que aparecerá nos libros dos estudantes de xeracións vindeiras. E pode ser boa idea que gardemos recordo destos meses para aprender a valorar os momentos cotiáns que vivíamos ate fai pouco e que pronto agardamos vivir. Por elo propoñemos realizar unha Cápsula do tempo.

Unha cápsula do tempo é un recipiente que encerra obxectos do momento da súa creación e que é escondido á espera de ser aberto no futuro. As cápsulas do tempo poden ser físicas, se gardan obxectos, ou virtuais se gardan arquivos multimedia. Poden ser escondidas durante un período de tempo concreto ou ata ser atopadas. As cápsulas do tempo son moi populares, atopáronse algunhas ao longo da historia mundial, foron protagonistas de películas e mesmo se atoparon nos cimentos de edificios emblemáticos.
Escolle una caixa de metal, madeira ou cartón non moi grande, o ideal é que sexa tamaño A4. Aquí te dicimos algunas ideas de cousas que podes gardar na caixa:
- Algunha foto impresa destes días de ti e os que estedes na casa
- Algo que fixeras ti nestes días na casa (un debuxo, una figura de plastilina, un texto escrito, ….)
- 1 mensaxe que queira meter cada persoa que estea na casa e que se lerá no futuro (cando se abra a caixa)
- A letra dunha canción que aprendiches nestas semanas
- Un escrito teu contando cómo estas, cómo te sentiches, que/quen botas de menos, un bo e un mal momento, a que adicas o tempo,…
- Un xornal destes días
- Un listado de cousas que vas a facer ao rematar o confinamento
- …
Cando teñades todos os obxectos que queredes gardar na caixa, pecha a ben e metea nunha bolsa para conxelados con peche zip. Desta forma estará mellor illada da auga e a terra.
Enterra a túa cápsula ou agóchaa no fondo dun armario. Dentro duns anos se atopará
