
Hoxe queremos propoñervos organizar unha procura do tesouro pola casa. O único que precisaredes será imprimir ou copiar en anacos de papel as adiviñas que vos deixamos a continuación, e por suposto un tesouro (pode ser a merenda ou un xoguete, algo que lle faga ilusión atopar)

Seleccionade tantas adiviñas como queirades, e colocádeas por toda a casa, agás a primeira que será a que lle deamos para comezar o xogo. Seguindo a orde das pistas esconderemos a pista do dormitorio no salón, a da cociña no dormitorio, es así sucesivamente. Ata a última que será a que teña o lugar onde está o tesouro, neste caso puxemos a lavadora, pero podedes poñer o espazo/obxecto que queirades.
ADIVIÑANZAS:
- Estou nalgún lugar da túa casa. Onde podes sentarche e ver a tele. Tamén teño un sofá. Onde sentan dous ou tres (Salón)
- Úsanme máis pola noite pero non son unha lanterna. Conteño sabanas pero non son unha tenda. Teño unha porta pero non son un armario. Teño unha cama pero non son un hotel. Son unha área de cásaa pero non son unha cociña (Dormitorio)
- Este enigma é sobre unha habitación. Pero realmente non che fará pensar. É a do lavalouzas. Un frigorífico, conxelador, forno e vertedoiro. (Cociña)
- Esta é unha parte da casa. Onde algo pode ser lavado. É o lugar onde te bañas. E onde se cepillan os dentes. (Baño)
- É unha caixa faladora que vive en todas as casas e cala a moi alta hora. (Televisión)
- É venda e non se vende, é Ana, pero non é xente. (Xanela)
- Cando a entrada eu prohíbolles, son moitos golpes os que recibo.(A porta)
- Cando che vexo vesme, cando me ves véxoche e non che parezo feo.(O espello)
- Aínda que ao durmir consúltanme nunca adoito contestar. (A almofada)
- Se o tesouro queres atopar, dentro da lavadora o atoparás
Para os máis pequenos, en lugar de pistas podemos agochar pezas dun crebacabezas dun debuxo da estancia da casa onde está o tesouro, pode ser igualmente a lavadora.
