
Primeiro explicamos o xogo e despois facemos a proposta para que elaboredes o voso propio Mikado!
O xogo consiste en varias varitas de cores que se tiran ao chan ou a unha mesa. Hai que coller todos os palitos nunha man facendo que todas as puntas toquen a superficie e ábrese a man e déixanse caer ao azar.
Poden xogar dous, tres ou catro, cinco ou seis xogadores.
Empeza un xogador tentando coller un escarvadentes sen mover os demais. Se move un ou varios do resto de escarvadentes, deberá deixar o escarvadentes que tentaba coller, perdendo a súa quenda e cedéndollo ao seguinte xogador.
Podemos recoller os escarvadentes cos dedos ou axudándonos con outro escarvadentes.
Cando non queden máis escarvadentes faise o reconto de puntos seguindo estes valores:
- 1 Banda vermella….1 PUNTO
- 2 Bandas vermellas….3 PUNTOS
- 3 Bandas vermellas…5 PUNTOS
- 1 Banda azul…10 PUNTOS
- 2 Bandas vermellas e 2 azuis…2 PUNTOS
- 2 Bandas azuis…4 PUNTOS
- 3 Bandas azuis…6 PUNTOS
Gaña o xogador que máis puntos teña.

Seguramente moita xente non terá o xogo na casa polo que convidámosvos a que fagades o voso dun xeito sinxelo:
Necesitaremos:
- 30 escarvadentes de madeira deses de brocheta.
- Rotuladores de cor verde, amarelo, azul, e vermello.
Como a cantidade de paus de brocheta e as cores inventámolos para facilitarnos o traballo, nós pensamos unhas puntuacións e unha distribución da cantidade de paus diferente á do xogo orixinal. É a seguinte:
- 12 escarvadentes con 1 linea vermella.
- 8 escarvadentes con 2 lineas amarelas.
- 6 escarvadentes con 3 lineas verdes.
- 3 escarvadentes con 4 lineas azuis.
- 1 escarvadentes cunha lilnea de cada cor(vermello, amarelo, verde e azul)
Podedes cambiar as cores e a cantidade de liñas é só unha referencia, do mesmo xeito que a puntuación. Nós démoslle esta puntuación:
- Vermello- 1 punto.
- Amarelo- 2 ptos.
- Verde- 3 ptos.
- Azul- 5 ptos.
- Multicolor- 10 ptos.
Colleremos as 30 brochetas e dividirémolas polos grupos marcados e empezaremos a pintar liñas usando a cor adecuada comezando polas puntas e facéndoas en ambos lados.

