
Na vosa próxima saída ao supermercado non esquezades meter no cesto os seguintes ingredientes, que non vos serán difíciles de atopar.
Ingredientes:
- 250 g de puré ou zume de froitas (a que máis vos guste)
- 200 g de agua
- 100 a 200 g de azucre.
- 8 g de agar-agar en pó (a súa avantaxe fronte á xelatina é que permite xelificar en quente e que sirve tamén para as froitas tropicáis como a piña, que coa xelatina queda demasiado líquida)
Materiais:
- Molde para gominolas (poden servir os dos cubos de xeo).

Preparación das golosinas:
Poñemos a ferver a auga e despois espolvoreamos sobre ela o agar-agar en pó. Sen apartar do lume, removemos constantemente deixando ferver 2 minutos máis.
Aparte, mestúrase o puré de froitas ou o zume (de fresas ou laranxa, por exemplo) co azucre (150 g).
Pasados os 2 minutos, retiramos do lume a mestura de agar-agar, mesturamos coa froita e volvemos poñer ao lume, e seguimos removendo sen parar durante 2 minutos máis. Pasado ese tempo botamos a mestura no molde elixido e deixamos enfriar a temperatura ambente.
Nunha hora aproximandamente estarán listas e pódense desmoldar. Se vos apetecen máis doces, podédelas rebozar en azucre. Se se van conservar un tempo, introducídeas na neveira. Pódense conservar nun tarro de cristal tapadas durante unha semana máis ou menos, se sodes quen de non comelas dunha sentada.
