Moitos/as coñeceredes o divertido xogo do “Dobble”. Neste caso propoñémosvos a versión do xogo de cartas creado específicamente para a ocasión atopado na páxina de Facebook de “Recursos infantil y primaria”. Podedes descargar directamente o arquivo no seguinte enlace: Corona-“dobble”
Imprimide o xogo, recortade as cartas e se podedes plastificádeas con forro adhesivo ou cinta de embalar transparente para que vos dure máis.
O xogo consta de 57 cartas con 8 debuxos cada unha. Consiste en repartir unha carta a cada participante e poñer as demáis nun montón no medio. Dáselle a volta a unha carta e cada participante ten que tentar atopar un debuxo igual á do medio na que ten na súa man. Dirá o nome do debuxo que coincide e poñerá a man sobre a carta do medio. O/a primeiro/a que o faga leva a carta central. Así ata agotar tódalas cartas. Gañando quen máis cartas teña.
Pasaredes un entretido rato de diversión familiar..