
Estades seguros de que vos coñecedes ben tódolos membros da familia? ídelo a comprobar! Alternativamente, actuaredes como entrevistadores ou como entrevistados/as.
Por parellas irédevos sentando no sofá e procederedes a entrevistarvos con preguntas persoais (preparade ben o voso cuestionario para cada membro da familia). Importante contestar tódalas cuestións con sinceridade. Nós facémosvos algunha suxerencia de preguntas:
- Cal é a túa cor preferida?

- Cal é a túa comida favorita?
- Cal é o teu programa/a túa serie favoritos?
- Cal é o teu libro favorito?
- Quen é a/o túa/teu mellor amiga/o?
- Que asignatura foi/é a túa favorita nos estudos?
- No caso dos/as nenos/as: que che gustaría ser de maior?
- No caso dos/as adultos/as: gústache o teu traballo? Que outro traballo che gustaría facer?
- Cal é a túa música favorita? O/a cantante favorito/a?
- Gústache o deporte? Cal é o que máis?
- Cal é a tarefa da casa que máis/menos che gusta?
- Elixe un obxecto importante na túa vida, que che traia lembranzas e que gardes con moito agarimo. De qué obxecto se trata? Por que?
- Que é o que máis botas de menos nestes días?
- A quen che gustaría visitar de primeiro/a cando acabe o confinamento?
Podedes incluir as cuestións que queirades. Comentade as respostas en familia. Algunha delas igual vos sorprendeu e seguro que averiguades algunha cousa nova que non sabiades.
