
Imos a crear un divertido xogo de mesa para mínimo 4 xogadores. Trátase de adiviñar persoeiros famosos.
Cada xogador dobra un folio catro veces para partilo en 16 anacos. Deste xeito todos teñen 16 anacos de papel. En cada papel hai que escribir o nome de 1 persoeiro famoso (actriz, cantante, escritor, político, debuxo animado, un membro da familia, …..). Non deben ver o que escribimos ningún xogador. Unha vez teñamos todos escritos os misturamos todos nun mesmo montón, boca abaixo. Estas serán as nosas tarxetas de xogo.

Facemos dous equipos e nos sentamos en círculo intercalando membro/s do outro equipo.
O obxectivo do xogo será adiviñar o maior número de nomes que teñen as tarxetas. Para elo o xogo se realiza así.
- Un xogador colle o montón de fichas cara abaixo.
- Outro xogador do outro equipo contrario comeza a cronometrar 20 segundos dende que da o sinal
- Dende ese momento o xogador das tarxetas levanta a primeira para leer o nome que hai escrito e ten que definir ao resto do seu equipo quén é ese persoeiro para que o adiviñen. Se non sabe quen é pode pasar de definir e a tarxeta volverá ao fondo do montón e levanta a seguinte tarxeta para tentalo de novo con outra.
- Cando o xogador do outro equipo marque o final do tempo, se fai reconto das tarxetas acertadas e se apartan do montón grande, transformándose en puntos para ese equipo.
- Agora se pasan as tarxetas ao xogador da dereita, e cambian os roles dos equipos. Uns adiviñan e outros cronometran.
- Unha vez que se fai unha ronda completa ou se rematan as tarxetas pasamos á seguinte fase:
- Desbotamos as tarxetas que non deu tempo a definir na primeira fase, ou que ninguén as acertou. Nos quedamos solo coas acertadas dos dous equipos e as misturamos de novo nun solo montón.
- Nesta segunda fase do xogo solo se pode empregar unha palabra para definir ao persoeiro. Tamén se pode pasar. Non valen xestos. Solo unha palabra. (é sinxelo, porque xa escoitamos na primeira fase todos os nomes)
- Na terceira fase do xogo solo se pode empregar xestos para definir ao personaxe
Ao final facemos reconto de todas as tarxetas acertadas por equipo nas 3 fases.
