
Para hoxe propoñémosvos facer unha mesa de luz caseira! Que vos parece, comezamos?
Materiais:
- Caixa de plástico transparente grande con tapa.
- Papel aluminio.
- Luces blancas tipo das de Nadal, luces led.

Procedemento:
- Forramos toda a caixa por dentro con papel aluminio.
- Forramos a tapa da caixa con folios blancos.
- Facemos un burato na caixa para introducir as luces que colocamos pegadas (silicona, fixo transparente…) arredor de toda ela.
- Colocamos a tapa.
- Podemos empregala con plantillas de acetatos de cores, con botellas sensorias que xa hai modelos de como facelas, con anacos de papel celofán, con área…
Variantes:
- Esparcimos un pouco de fariña pola tapa e deixamos que os nosos fillos ou fillas xoguen coas súas propias mans.
- Ofrecemos á nena ou neno algún obxecto (ex. un coche) para realizar todo tipo de trazos
- Forramos a tapa con film transparente de cociña, colocamos unhas gotas de témpera de diferentes cores e deixamos que experimente. Podemos ofrecer un anaco de esponxa
