
Sabedes o que é un globo aerostático? Subiches algunha vez nun? Gustaríache facelo? Os globos énchense de aire quente e que, como pesa menos que o aire frío, os globos tenden a subir. Hoxe faremos unha viaxe en globo.
Túmbate boca arriba, coloca as mans sobre a túa tripa. Segundo o aire entra na tripa, esta se enche, e o aire, ao saír, permite que a tripa baixe e quede baleira. Fai varias respiracións.
Imaxina un voo en globo. O día é radiante. Para poder empezar a viaxe fai falta encher o globo. Para que un globo voe hai que acender un gran lume e introducir o aire quente que quentou o lume dentro do globo. Por tanto, imaxina que desde a túa boca sae aire quente por un lume interior que tes na túa tripa. Expulsa aire quente que sae do teu interior. Cando o globo está cheo de aire quente elévase e empeza a viaxe.
Estás a voar!

A terra está aos teus pés. Imaxina por onde estás a voar, a paisaxe, as persoas, os animais, o ceo… tómate o teu tempo. Despois de realizar a túa pequena viaxe en globo toca aterrizar. Para aterrizar, tes que facer o exercicio oposto ao despegamento. Aos poucos, e respirando suavemente, volverás á postura de tombado, estirado boca arriba e cos ollos pechados.
Gustouche a túa viaxe en globo? Fai un debuxo de todo o que imaxinaches onde saias ti no globo.
O descubrimento desta sesión estará centrado en tomar conciencia da respiración, para armonizar o noso estado corporal.
