
Agora que xa podemos saír a dar paseos propoñemos un xogo para facer mentres camiñamos. Unha persoa diralle á outra como que animal se deberá mover. Para elo deixamos as seguintes instrucións:
- Burro: de puntillas, rebuznando.
- Pato: de cuclillas, cos pés en ángulo recto, facendo “cua, cua”.
- Can collo: con dúas mans e un pé e ladrando.
- Oso: movendo a perna e o brazo do mesmo lado á vez que imita o son do oso.
- Cangrexo: de costas ao chan, desprázase apoiando as mans e os pés no chan e andando de costas.
- Ra: de cuclillas, dá saltitos coas mans apoiadas entre os pés.
- Elefante: o catro patas deben estar moi ríxidas e imita o son do elefante.
- Gorila: as mans á altura dos xeonllos, camiña, fai acenos, emite grititos e gesticula.
Podedes inventarvos outros animais e poñer a proba ao voso compañeiro/a de paseo.
