
Un precioso conto homenaxe ás emocións e os sentimentos dos nenos, para que os recoñezan en todas as súas formas e todas as súas cores: alegría, tristeza, calma, enfado, medo: «O meu corazón é como unha casiña. Dentro pasan moitas cousas e están todas revoltas! Hai risas ruidosas e días con choiva, enfados grandotes e ganas de saltar a pé manco. Hoxe vou abrir a porta do meu corazón para convidarche a pasar».

¿Preparado para escoitar un conto fantástico? Presta moita atención porque van falar de cousas que sentes.
Creamos un collage decorativo. Usaremos o fío condutor do corazón, como no conto e usamos imaxes, palabras ou símbolos recortadas de revistas/periódicos ó ben buscadas de internet ou feitas por ti que representen como te sintes, un corazón cheo de cousas que nos gusta facer, lugares aos que queres ir, as persoas que admiras, ou os teus soños/proxectos.
