
A proposta de hoxe serán 5 adiviñas para os 5 sentidos, os cales teremos que poñer a funcionar, xa que en cada quenda só poderemos empregar un deles, de xeito que adiviñemos o que temos diante nosa.
A continuación faremos unha proposta pero podes cambiar por outros elementos, simplificando ou complicando.
Para cada un dos sentidos é moi importante intentar anular o resto, coas mans nas costas se non s epode tocar, cos ollos pechados se non se pode ver, etc. simplemente deixando en funcionamento o sentido que queremos poñer a proba.
- Vista: Na seguinte ligazón atoparás máis ilusións ópticas
https://aprendiendoconjulia.com/2016/01/divertidas-ilusiones-opticas-para-ninos-que-son/
Pero polo de agora pedirémoste que resolvades 3:
- Sodes capaces de ler rápido as palabras sen confundir coa cor da letra?

- Son rectas as liñas?

- Son rectas as liñas?

- Oído: Escolleremos 3 elementos da casa e unha culler (ou algo co que golpear suavente os obxectos). Por exemplo colleremos un plato, un libro e unha caixiña (de latón ou doutro material); darémoslle uns pequenos golpeciños para que a outra persoa adiviñe polo seu son, de que obxecto se trata.
- Tacto: para este xogo buscaremos 3 elementos da casa, os meteremos debaixo dunha manta e a outra persoa porase cos ollos pechados diante, destaparemos os obxectos e terá que adiviñar que hai. Por exemplo: unha peza de roupa, unha figuriña da casa, un bote de comida. Para complicar este xogo terá que concretar o máximo posible (que prenda, figuriña ou alimento é)
- Gusto: tendo coidado coas alerxias da persoa á que lle vas facer esta proba, elixirás 3 alimentos que mesturarás e a outra persoa terá que adiviñar que leva. Por exemplo: fariña, sal e allo (simplemete probaremos un pouco).
- Olfacto: colleremos 3 elementos e a outra persoa terá que identificar de que se trata
- Colonia (coller a de algún membro da familia e identificar quen emprega esa colonia)
- Adiviñar o olor dunha peza de froita
- Para que sexa máis complicado: poñer varias especies ou aderezos das comidas nun mesmo plato: ourego, perixel, allo, curry, comino, etc. e intentar adiviñar 3.
