
Para facer o voso “globocohete” necesitaredes: un globo, un tubo de cartón (valen os do papel hixiénico que se acumularon na casa, je je), rotuladores, cinta adhesiva, fio ou cordón.
O primeiro é decorar o tubo de cartón cos rotuladores (podedes empregar cintas de cores e outros materiais que teñades pola casa) como se fose un cohete. Deixade voar a vosa imaxinación e sede creativas/os. Pásase o fío polo interior do tubo e átanse os extremos a, por exemplo, dúas cadeiras da mesma altura. O fío debe quedar tenso. Será a pista pola que circule o cohete.
Despois inflade o globo sen atar e, mentras o mantedes inflado apretando a boca do mesmo cos dedos, suxeitádeo coa cinta adhesiva ao tubo-cohete.

Coloca o cohete en posición de saída (coa boca en posición contraria ao sentido de avance). Preparadas/os para o despegue?… 3, 2, 1… soltade o globo! Podes repetir a proba todo o que queiras volvendo a inflar o globo. Recorrerá toda a corda? Proba co globo máis ou menos inflado.
Este é un experimento que demostra o principio de acción e reacción (terceira ley do movemento de Newton) sobre a que podedes investigar un pouco.
