Nestes días é necesario erguerse do sofá e mover un pouco o corpo. Por iso hoxe, queremos propoñervos diferentes xogos musicais cos que pasar un bo rato cos máis pequenos da casa, ademais de achegarlles un pouco da cultura galega a través da música.
Para comezar, por se algún o coñece, deixámosvos un vídeo explicativo dalgúns pasos básicos para bailar unha muiñeira:
PREPARADOS/AS?
Aquí vos deixamos unha proposta de música disco muiñeira, para empregar nos xogos
- Baile das estatuas: Comezaremos bailando por toda a sala mentres soa a música, unha vez pare, todos os xogadores quedaran quietos no seu sitio sen poder moverse. O que se mova será eliminado.
- Baile das cadeiras ou xornais: Colocaremos tantos xornais ou cadeiras como xogadores. Comezaremos o xogo bailando por toda a sala mentres soa a música. Cando pare a música os xogadores terán que buscar un xornal ou cadeira onde sentarse . Nas seguintes rondas comezaremos a quitar un xornal ou cadeira por quenda.
- Baile do globo: Colocando un globo entre diferentes partes do corpo (fronte con fronte, peito con peito, barriga con barriga…) dos dous xogadores. Comezaremos a bailar pegadiños mentres soe a música, evitando que caia o globo.
Animádevos a xogar! E despois se vos animades a bailar todos/as xuntos un muiñeira!