A continuación indicamos ao completo o plan de adecuación das actividades de verán 2021 que o Centro Don Bosco porá en funcionamento por motivo da Covid-19.
DESCARGA O PLAN DE ADECUACIÓN EN PDF
DESCARGA A DECLARACIÓN RESPONSABLE EN PDF
- Medidas específicas para o desenvolvemento do programa deste verán
- O control e prevención da transmisión como responsabilidade de todos
- Cumprimento de medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias
- Protección dos colectivos de risco
- Inscrición no programa
- Adecuación e reorganización de actividades presenciais
- Entrega e recollida de participantes
- Medidas de control de acceso para participantes e persoal
- Medidas de prevención da transmisión
- Protocolo de actuación en caso de emerxencia ou risco de contaxio
- Condicións de participación, declaración responsable, obriga de información e consentimento informado
- Declaración responsable de non formar parte de grupos de risco nin convivir con grupo de risco
- Compromiso de notificación diaria do estado de saúde e de causa de ausencia
- Sinatura do documento de aceptación das condicións de participación, coa aceptación das medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias e consentimento informado
Co obxectivo de preservar a saúde e seguridade das persoas participantes e persoal responsable das actividades no contexto da crise sanitaria provocado pola Covid-19, o Centro Don Bosco establece un protocolo de actuación con medidas específicas para o desenvolvemento do programa deste verán. Estas medidas poderán variar en función da evolución epidemiolóxica no noso territorio e das instrucións das autoridades competentes.
- O control e prevención da transmisión como responsabilidade de todos
- As persoas participantes e os seus titores legais son responsables da súa situación particular fronte á Covid-19, de tal forma que se algunha presentase sintomatoloxía asociada coa Covid-19 non acudirá ás actividades e deberá comunicar esta circunstancia ao Centro Don Bosco chamando ao 981582243 ou enviando un correo electrónico a actividades@cxdonbosco.org.
- As persoas responsables das actividades (director, persoal técnico e monitor) velarán polo adecuado cumprimento de todos os protocolos e normas establecidos para garantir a seguridade das actividades.
- A organización subministrará xabón e xel hidroalcólico. Os rapaces e rapazas maiores de 6 anos deberán levar e usar de forma obrigatoria durante as actividades a súa propia máscara e recoméndase que os menores de 6 anos tamén a leven.
- Reforzaranse as mensaxes de recordo dos comportamentos e distancia de seguridade, medidas de hixiene, etc.
- Limitaranse os aforos en espazos pechados para garantir os principios de distancia de seguridade e prevención de contacto.
- Cumprimento de medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias
- As medidas persoais de hixiene e prevención serán obrigatorias. Aqueles participantes ou as súas familias que incumpran as normas establecidas relativas as medidas de protección ante a Covid-19 poderán ser excluídos das actividades.
- Protección dos colectivos de risco
- A posibilidade de participación de persoas que pertenzan a grupos de risco ou que convivan con grupos de risco (diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída a hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodepresión, cancro en fase de tratamento activo, mulleres embarazadas, maiores de 60 anos, insuficiencia renal crónica, enfermidade hepática crónica severa ou obesidade mórbida IMC>40) deberá ser valorada pormenorizadamente polas familias e titores correspondentes. No caso de participar, esta circunstancia deberá constar expresamente na declaración responsable e no consentimento informado que se asinan antes de iniciar as actividades.
- Inscrición no programa
- A inscrición e demais trámites administrativos desenvolverase preferentemente de forma dixital. As xestións presenciais serán dentro dos horarios establecidos e repectando a normas de seguridade: uso obrigatorio de máscara, distancia física, hixienización de mans…
- Adecuación e reorganización de actividades presenciais
- Priorizaranse, sempre que sexa posible, as actividades ao aire libre. De non ser posible, cada grupo contará cunha sala ou instalación propia.
- Os espazos pechados que se utilicen serán amplos e estarán ben ventilados.
- Procurarase que cada grupo teña o menor número de nenos e nenas posible, polo que a división dos grupos será estrita e tendo en conta a data de nacemento dos rapaces e rapazas inscritos. Poderá darse o caso de que rapaces e rapazas pertencentes a un mesmo curso escolar estean en grupos diferentes e non poderán facerse cambios.
- Cada grupo contará cun monitor ou monitora responsable que velará polo respecto das medidas de distanciamento físico na medida do posible e evite aglomeracións. Controlará comportamentos e equipos sanitarios.
- Evitarase a realización de actividades que impliquen contacto físico constante.
- O uso da máscara será obrigatorio, ainda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal, a partir dos 6 anos, sendo recomendable tamén para os menores desta idade.
- Cada participante deberá levar a súa merenda e auga. Estará prohibido compartila. No momento da merenda a media mañá os participantes e o equipo de traballo situaranse con distancia de seguridade de dous metros.
- Entrega e recollida de participantes
- Cada grupo accederá á súa instalación correspondente pola entrada e no horario recomendado que se comunique para evitar aglomeracións. No caso de familias con participantes pertencentes a diferentes grupos, deberán deixar a cada neno/a na no seu grupo correspondente, aínda que sexan diferentes. Neste caso usarán a entrada polo portón principal da rúa Belvís e no mesmo horario.
Horarios recomendados de entrada e portas de acceso.
|
MAÑÁS INFANTÍS |
|||
|
GRUPO |
ACCESO |
HORARIO ENTRADA RECOMENDADO |
HORARIO SAÍDA RECOMENDADO |
|
PEQUENOS: 4 a 6 anos (nacidos entre 2017 e 2015) |
Portón de Calzada de San Pedro |
9.30-10.00 |
13.30-13.50 |
|
MEDIANOS: 6 a 8 anos (nacidos entre 2014 e 2013) |
Portón principal de Rúa Belvís |
9.30-10.00 |
13.30-13.50 |
|
MAÑÁS PRIMARIA E ESO |
|||
|
GRUPO |
ACCESO |
HORARIO ENTRADA RECOMENDADO |
HORARIO SAÍDA RECOMENDADO |
|
MAIORES 1: 8 a 11 anos (nacidos entre 2012 e 2010) |
Portón principal de Rúa Belvís |
9.00-9.30 |
13.50-14.10 |
|
MAIORES 2: 11 a 14 anos (nacidos entre 2009 e 2007) |
Portón de Calzada de San Pedro |
9.00-9.30 |
13.50-14.10 |
|
MAÑÁS XUVENÍS |
|||
|
GRUPO |
ACCESO |
HORARIO ENTRADA RECOMENDADO |
HORARIO SAÍDA RECOMENDADO |
|
De 14 a 17 anos (nacidos entre 2006 e 2004) |
Portón principal de Rúa Belvís |
9.20-09.50 |
13.40-14.00 |
- A persoa responsable de cada grupo será a encargada de xestionar a recollida e a entrega dos rapaces e rapazas participantes.
- Cada neno ou nena acudirá ás instalacións do Centro Don Bosco acompañado por unha única persoa adulta que deberá levar máscara, tanto na hora da entrada como na de recollida.
- Os desprazamentos ata o lugar de celebración axustaranse ás recomendacións das autoridades sanitarias.
- Medidas de control de acceso para participantes e persoal:
- Un participante ou persoa técnica responsable das actividades non deberá acudir á actividade se presenta calquera sintomatoloxía (tose, febre, dificultade para respirar, etc.) que puidera estar asociada coa Covid-19.
- O participante ou técnico non pode tomar parte na actividade se estivo en contacto estreito (convivintes, familiares e persoas que estivesen no mesmo lugar que un caso positivo mentres o caso presentaba síntomas a unha distancia menor de dous metros durante un tempo de polo menos 15 minutos) ou compartindo espazo sen gardar a distancia interpersoal cunha persoa afectada pola Covid-19, incluso en ausencia de síntomas, por un espazo de polo menos 14 días.
- Os pais/nais/titores legais deberán medir a temperatura dos participantes antes de saír da casa.
- Os membros do equipo de educadores deberán medir a temperatura antes de saír da casa.
- As persoas participantes poden, baixo a responsabilidade do seu pai/nai/titor/a legal, tomar parte na actividade se son vulnerables ou conviven cunha persoa que o sexa por: diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída a hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodepresión, cancro en fase de tratamento activo, mulleres embarazadas, maiores de 60 anos, insuficiencia renal crónica, enfermidade hepática crónica severa ou obesidade mórbida IMC>40.
- Medidas de prevención da transmisión:
- Os pais/nais/titores legais dos participantes deberán responsabilizarse da súa situación particular fronte á Covid-19, de tal forma que se algún presenta sintomatoloxía asociada non acudirá e comunicará esa circunstancia ao Centro Don Bosco: 981582243 – actividades@cxdonbosco.
- A organización ensinará, fomentará e reforzará prácticas hixiénicas saudables entre o equipo de traballo e os diferentes participantes.
- A organización difundirá previamente material informativo para o persoal e familias participantes.
- Os protocolos establecidos e informados nestas bases serán de obrigado cumprimento para o equipo de responsables das actividades e para as familias participantes (nenos e nenas, pais, nais ou titores legais).
- Intensificaranse as tarefas de limpeza e desinfección coas recomendacións das autoridades competentes nas diferentes guías que están publicadas, así como a seguridade e hixiene no traballo.
- Colocaranse carteis coas medidas de hixiene e prevención nas instalacións para o coñecemento xeral, ubicándose en zonas clave de accesos, baños, etc.
- As persoas participantes e a persoa responsable das actividades estarán distribuídas en grupos reducidos.
- Os monitores e monitoras só terán contacto cos seus grupos asignados previamente ao inicio de cada quenda.
Condicións persoais de hixiene e prevención obrigatorias
- Debes medir a temperatura todos os días antes de saír da casa.
- Se presentas calquera sintomatoloxía (tose, febre, dificultade ao respirar, etc.) que puidese estar asociada coa COVID-19 non debes acudir á actividade e contactar co teléfono 900 400 116 da Xunta de Galicia ou co teu centro de atención primaria.
- Se estiveches en contacto estreito ou compartiches espazo sen gardar a distancia interpersoal cunha persoa afectada, tampouco debes acudir ao teu posto de traballo ou á actividade, incluso en ausencia de síntomas, por un espazo de polo menos 14 días.
- Se pertences ao colectivo de persoas vulnerables (descrito en puntos anteriores das bases) deberás poñelo en coñecemento do Centro Don Bosco no Consentimento informado.
- Medidas organizativas na actividade, de prevención e hixiene para toda as persoas participantes:
- A organización levará a cabo a planificación tanto das actividades coma dos procedementos de traballo tentando manter na medida das posibilidades a distancia de seguridade, facendo especial incidencia na entrada e saída dos nenos e nenas participantes.
- Nas zonas comúns se deberá asegurar a distancia interpersoal e evitar aglomeracións de persoal nestes puntos.
- A planificación da actividade guiarase polo principio da minimización do risco.
- Os nenos e nenas participantes a partir de seis anos deberán traer máscara cada día á actividade e usala de forma obrigatoria e será recomendable para os menores desta idade.
- A organización realizará unha distribución dos nenos e nenas participantes en grupos reducidos, sempre en base a normativa vixente.
- A organización realizará unha distribución dos nenos e nenas participantes en grupos reducidos.
- O monitor/a será o responsable de velar polo cumprimento das medidas adoptadas.
- As actividades desenvolveranse prioritariamente en espazos ao aire libre. Cando se teñan que utilizar espazos pechados, priorizaranse aqueles que teñan unha ventilación suficiente.
- Evitarase, na medida do posible, o uso de material compartido entre grupos.
- As instalacións estarán limpas e acondicionadas cada día ao inicio da actividade.
- A organización proverá aos participantes de produtos de hixiene necesarios (auga, xabón, solución hidroalcólica, panos desbotables).
- Os nenos e nenas deberán traer a súa botella de auga cada día de xeito individual.
- Os nenos e nenas non poderán compartir a comida que traian.
- Os monitores e monitoras nesta edición non cambiarán de grupo e manteranse co mesmo grupo durante toda a quenda.
- O director e o equipo de traballo farán unha labor de concienciación a través de obradoiros formativos en relación a diferentes cuestións de hixiene e prevención cos nenos e nenas:
- Lavado frecuente de mans.
- Forma de tusir ou esbirrar.
- Evitar tocar a cara coas mans.
- Uso de panos desbotables.
- Uso do material.
- Estableceranse protocolos para o lavado frecuente de mans.
Protocolo de actuación en caso de emerxencia ou risco de contaxio
ACTUACIÓN FRONTE A UN POSIBLE CASO DE COVID-19 NA ACTIVIDADE:
- Participante con síntomas:
- A identificación dun posible caso sospeitoso da Covid-19 poderá realizarse de dúas maneiras:
- Identificación por observación por parte dalgún membro do equipo de responsables das actividades.
- Notificación por parte dunha familia.
- Se se observan síntomas nalgunha persoa participante, o director da actividade informará á familia ou titores legais.
- A persoa con sintomatoloxía illarase do resto do grupo e colocaráselle unha máscara.
- A organización e a familia contactarán cos teléfonos habilitados (900 400 116) ou co centro de atención primaria para seguir os protocolos establecidos ao respecto.
- Actuación fronte a un caso confirmado de Covid-19 na actividade:
A entidade organizadora, en caso de confirmarse un caso, seguirá as instrucións das autoridades sanitarias en relación ao resto de participantes que tiveron contacto coa persoa afectada e seguiranse os seguintes pasos:
- Confidencialidade da persoa.
- Realizar unha trazabilidade dos contactos nos últimos días.
- Paralización do grupo no que se atopaba o caso confirmado e notificación ás familias e ao resto de participantes.
- Limpeza e desinfección das instalacións utilizadas polo grupo para que se poidan volver utilizar con garantía.
A entidade organizadora facilitará o traballo ás autoridades sanitarias para realizar o estudo de contactos e a valoración da suspensión parcial ou total da actividade.
- Reincorporación á actividade:
Tanto unha persoa participante como un traballador ou traballadora poderán reingresar na actividade cando teñan a alta do seu médico de atención primaria ou da CCAA.
Condicións de participación, declaración responsable, obriga de información e consentimento informado
As persoas participantes nas actividades de verán do Centro Don Bosco deberán mostrar a súa aceptación, por escrito e de forma previa, dos seguintes requisitos de participación (documento de aceptación das condicións de participación):
- Declaración responsable de non formar parte de grupos de risco nin convivir con grupo de risco. O/a participante constitúe grupos de risco nos seguintes casos:
- Persoa vulnerable: diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída a hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodepresión, cancro en fase de tratamento activo, insuficiencia renal crónica, enfermidade hepática crónica severa ou obesidade mórbida IMC>40.
- Convive cunha persoa que sexa vulnerable: os mesmos casos que no punto anterior máis persoas maiores de 60 anos ou mulleres embarazadas.
- O/a participante non pode tomar parte na actividade se presenta calquera sintomatoloxía (tose, febre, dificultade ao respirar, etc.) que puidera estar asociada coa Covid-19.
- O/a participante non pode tomar parte na actividade se estivo en contacto estreito (convivintes, familiares e persoas que teñan estado no mesmo lugar que un caso positivo mentres o caso presentaba síntomas a unha distancia menor de 2 metros durante un tempo de polo menos 15 minutos) ou compartindo espazo sen gardar a distancia interpersoal cunha persoa afectada por Covid-19, incluso en ausencia de síntomas, por un espazo de polo menos 14 días. Durante ese período debe realizar un seguimento por se aparecen signos da enfermidade.
- O/a participante que presente condicións de saúde que os fagan máis vulnerables ante a Covid-19 de poderán tomar parte na actividade baixo a súa responsabilidade se a súa situación clínica así o permite. No documento de consentemento informado se deberá deixar constancia expresa desta circunstancia.
- Compromiso de notificación diaria do estado de saúde e de causa de ausencia.
-
Os/as pais/nais/titores legais dos participantes deberán comunicar diariamente o seu estado de saúde ao monitor/a responsable do seu grupo ao chegar á actividade.
-
Os/as pais/nais/titores legais dos participantes deberán notificar as causas de ausencia no mesmo día chamando ao Centro Don Bosco ao 981582243 o por correo electrónico a actividades@cxdonbosco.org.
-
Se algunha persoa involucrada na actividade presenta sintomatoloxía asociada coa Covid-19 non acudirá e contactará co Centro Don Bosco.
-
- Sinatura do documento de aceptación das condicións de participación, coa aceptación das medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias e consentimento informado.
Este documento será de obrigatorio cumprimento no momento de iniciar as actividades. Deberá entregarse antes (vale o mesmo de inicio das actividades) debidamente cuberto e asinado.

