Xa é posible inscribirse para as actividades de conciliación familiar que se levaran a cabo no centro Don Bosco nas vindeiras vacacións de Entroido.
Actividades
Haberá programas diferentes en función dos grupos de idade, con monitores diferentes, con espazos separados e con preferencia en actividades ao aire libre. As actividades desenvolveranse nas instalación, patios, canchas deportivas e zonas verdes do Centro Don Bosco e na programación contemplamos saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas as instalacións.
1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE
- Para rapazas e rapaces 4 a 8 anos (nacidos entre 2018 e 2014)
2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas 8 a 14 anos (nacidos entre 2013 e 2008)
3. MAÑÁS XUVENÍS INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2007 e 2005)
Datas
- 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022
Horarios
- Actividades infantís, primaria e eso e xuvenís: de 9,00 a 14,00h.
- Madrugadores: de 7,45 a 9,00h.
- Atención ao mediodía: de 14,00 a 15,00h.
Cuotas
|
CUOTAS |
ACTIVIDADE |
SERVIZOS |
||
|
Non Socios |
Socios |
Madrugadores |
Atención ao mediodía |
|
|
Todo |
30 € |
22 € |
8€ |
8€ |
|
Días Soltos |
12 € |
8€ |
3€ |
3€ |
- Desconto por irmáns: 2,5€ aos non socios, no total da actividade (non aplicable a días soltos).
Inscrición
- Online: accedendo ao Formulario Inscrición Mañás de Entroido
- Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Formalizar matrícula
Para formalizar a matrícula e reservar a praza é condición imprescindible realizar o pagamento e a entrega da documentación.
O pago pódese facer en efectivo ou por tarxeta de crédito nas nosas instalacións e por transferencia ou ingreso bancario na conta da ETL Don Bosco no Banco Santander ES56 0075 8916 5206 0031 4739
Documentación
A documentación necesaria será:
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a do/a participante.
- Fotocopia do DNI de todas as persoas autorizadas a recoller aos/ás participantes.
- Xustificante de pagamento, no caso de facelo por transferencia bancaria
A ter en conta
Os/as socios/as son aqueles que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2020-2021 (CD Belvís, GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, +Q Apoio Escolar)
En todas as actividades realízase un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga. Este ano non se poden compartir os alimentos así que cada neno/a deberá traelo de forma individual. Non teremos posto de venda na cafetería, polo que será obrigatorio traer algo de merenda e deixar o diñeiro na casa.
Para os nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez a actividade é recomendable traer o primeiro día unha muda para que quede no centro.
Todos os participantes deberán traer na súa mochila unha gorra. Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.
Medidas e normas de bo funcionamento para as familias neste entroido:
O primeiro día de actividade será preciso traer asinada unha declaración responsable na que se acepten as condicións de participación e as obrigas de información e consentemento informado que se pedirán este ano para participar nas actividades de tempo libre infantril, primaria e eso e xuvenil.
Para entregar ou recoller aos participantes só poderá entrar no recinto unha persoa por familia e o uso da mascarilla será obrigatorio.
Todos os participantes deberán traer na súa mochilas unha mascarilla: recomendado nos menores de 6 anos e obrigatorio para todos os demáis.
Para máis información chamar ao teléfono 981582243 ou enviar email a actividades@cxdonbosco.org

