“Ditosos os que construen a Paz”
Dende o Centro Xuvenil Don Bosco queremos sumar a nosa voz a todas as persoas de boa vontande que nestes días berrán NON Á GUERRA. Expresamos a nosa repulsa pola invasión de Ucrania e pedimos que se respeten os dereitos e as vidas de todas as persoas que se atopan no medio deste conflito.
Compartimos o soño dun mundo en paz e dunha sociedade mellor, no que se respete a dignidade de todas e cada unha das persoas que formamos a familia humana. Como educadores e educadores sabemos que a paz faise día a día con pequenos xestos, cada quen alá onde vive, e por iso afirmamos o noso compromiso de fomentar cos nosos proxectos e actividades os valores que fomenten a convinvencia, a solidariedade, o respecto, o diálogo e as vías non violentas para a resolución dos conflictos.

