O Centro Don Bosco realizará durante o periodo vacacional de Semana Santa actividades infantís para nenos e nenas de 4 a 14 anos e xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos, durante as mañás do 11, 12, 13 e 18 de 2022. Actividades educativas apropiadas para pasar mellor as vacacións de semana santa: obradoiros, actividades musicais, xogos… en grupo e acompañados permanentemente por monitores.
Rexerémonos en todo momento polos protocolos establecidos con grupos máis reducidos, actividades que favorezan a distancia física, mascarilla, lavado de mans… e todas aquelas medidas que recomenden as autoridades sanitarias.
Todos isto sen perder a nosa esencia e facendo, coma cada ano, que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade. As nosas actividades continuarán tendo un enfoque lúdico-educativo, porque queremos seguir convivindo e aprendendo a través do xogo, pero sempre con seguridade.
ACTIVIDADES DE SEMANA SANTA
Haberá programas diferentes en función dos grupos de idade, con monitores diferentes, con espazos separados e con preferencia en actividades ao aire libre. As actividades desenvolveranse nas instalación, patios, canchas deportivas e zonas verdes do Centro Don Bosco e na programación contemplamos saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas as instalacións.
1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE
- Para rapazas e rapaces 4 a 8 anos (nacidos entre 2018 e 2014)
2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas 8 a 14 anos (nacidos entre 2013 e 2008)
3. MAÑÁS XUVENÍS INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2007 e 2005)
Datas:
- 11, 12, 13 e 18 de abril de 2022
Horarios:
- Actividades: de 9:00 a 14:00. Entradas de 9:00 a 10:00 e saídas de 13:30 a 14:00.
- Madrugadores: de 7:45 a 9:00
- Atención ao mediodía: de 14:00 a 15:00
Cuotas
|
CUOTAS |
ACTIVIDADE |
SERVIZOS |
||
|
Non Socios |
Socios |
Madrugadores |
Atención ao mediodía |
|
|
Todo |
45 € |
30 € |
12€ |
12€ |
|
Días Soltos |
12 € |
8€ |
3€ |
3€ |
- Desconto por irmáns: 2,5€ aos non socios, no total da actividade (non aplicable a días soltos).
SERVIZOS
Madrugadores: non serviremos almorzos, pero creamos un espazo de xogo para facilitar a conciliación familiar.
Atención ao mediodía: No servizo de mediodía os nenos e nenas seguirán atendidos nos espazos de xogos e actividades, pero non poderemos dar o servizo de comedor.
INSCRICIÓN
- Online (Recomendado): cubrindo o noso Formulario Inscrición Mañás de Semana Santa
- Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 19, de luns a venres.
- Prazas limitadas e inscricións ata completar aforos en todos os programas.
Para formalizar a inscrición será necesario e imprescindible presentar a seguinte documentación:
- Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Copia do DNI do pai, nai ou titor
- Copia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao participante
- Xustificante de pagamento de, como mínimo, a metade da couta.
Para realizar o pagamento existen 3 posibilidades:
- Ingresando no número de conta do Centro Don Bosco en Abanca ES05 2080 0300 84 3040109663 indicando no concepto o nome do participante.
- Accedendo á pasarela de pagamento virtual NOVIDADE!!!
- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
A TER EN CONTA
Os/as socios/as son aqueles que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2021-2022 (CD Belvís, GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, +Q Apoio Escolar)
En todas as actividades se realiza un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga. Este ano non se poden compartir os alimentos así que cada neno/a deberá traelo de forma individual. Non teremos posto de venda na cafetería, polo que será obrigatorio traer algo de merenda e deixar o diñeiro na casa.
Para os nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez a actividade é obrigatorio traer o primeiro día unha muda para que quede no centro.
Todos os participantes deberán traer na súa mochila unha gorra. Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.
Medidas e normas de bo funcionamento para as familias nesta Semana Santa:
O primeiro día de actividade será preciso traer asinada unha declaración responsable na que se acepten as condicións de participación e as obrigas de información e consentemento informado que se pedirán este ano para participar nas actividades de tempo libre infantril e xuvenil.
Para entregar ou recoller aos participantes só poderá entrar no recinto unha persoa por familia e o uso da mascarilla será obrigatorio.
Todos os participantes deberán traer na súa mochilas unha mascarilla: recomendado nos menores de 6 anos e obrigatorio para todos os demáis.

