O Bosco Verán 2022 xa está en marcha! O Centro Don Bosco realizará durante o todo o verán un completo programa de actividades infantís para nenos e nenas de 4 a 14 anos e xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos. O noso obxectivo é que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer rico e de calidade, cun enfoque lúdico e educativo, porque queremos seguir aprendendo e interiorizando a través do xogo, dos obradoiros, da música, da expresión e das actividades deportivas os valores da convivencia, do compañeirismo, da ledicia, da cooperación, da igualdade…
Ofrecemos programas diferentes en función das idades dos/as participantes e cada programa disporá dun equipo de monitores/as propio e de espazos diferenciados, As actividades desenvolveranse principalmente nos patios, canchas deportivas e zonas verdes do centro e na programación contemplamos saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas ás instalacións.
Seguiremos contando con todas as medidas de prevención que as autoridades sanitarias recomenden para o noso sector de actividade.
- HORARIOS DAS ACTIVIDADES E SERVIZOS
- XUÑO E XULLO
- AGOSTO (1ª Qincena)
- FIN DE AGOSTO E SETEMBRO
- DESCONTOS
- INSCRICIÓN
- A TER EN CONTA
HORARIOS PARA TODAS AS ACTIVIDADES E SERVIZOS
Actividades de Mañá de 9:00h a 14:10. Entrada entre as 9:00 e as 10:00 e recollida de 13:30 a 14:10.
Servizos:
- Servizo de madrugadores de 7.45 a 9.00 (Non serviremos almorzos).
- Atención ao mediodía de 14:10 a 15.30 (Ofrecer o servizo habitual, os nenos/as poderán traer algo que poidan consumir de modo individual e que se poderá quentar en microondas).
- Atención a mediodía extendida de 15.30 a 17.00
|
|
Madrugadores |
Atención ao mediodía |
Atención a mediodía extendida |
|
Prezo por Quenda |
13€ |
13€ |
13€ |
XUÑO E XULLO (do 23 de xuño ao 29 de xullo)
1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE
- Grupo PEQUENOS: nenos e nenas 4 a 6 anos (nacidos entre 2018 e 2016)
- Grupo MEDIANOS: nenos e nenas 6 a 8 anos (nacidos entre 2015 e 2014)
2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE
- Grupo de MAIORES 1: nenos e nenas 8 a 11 anos (nacidos entre 2013 e 2011)
- Grupo de MAOIRES 2: nenos e nenas 11 a 14 anos (nacidos entre 2010 e 2008)
Calendario:
- Quenda Q1: 23, 27, 28,29, 30 de xuño e 1 de xullo
- Quenda Q2: 4, 5, 6, 7, e 8 de xullo
- Quenda Q3: 11, 12, 13, 14 e 15 de xullo
- Quenda Q4: 18, 19, 20, 21 e 22 de xullo
- Quenda Q5: 26, 27, 28 e 29 de xullo
Prezos (xuño e xullo)
|
NON SOCIOS |
SOCIOS |
||
|
Nº de Quendas(*) |
Prezo |
Nº de Quendas(*) |
Prezo |
|
5 |
255€ |
5 |
190€ |
|
4 |
210€ |
4 |
165€ |
|
1 |
58€ |
1 |
45€ |
(*) Existen descontos asociados ao volumen de quendas selecciondas.
3. XOVENES ACTIVOS (CURSO PREMONITOR) – Xuño e Xullo INSCRÍBETE
Mozos e mozas de 14 – 17 anos.
Formación no eido do tempo libre educativo cunha duración de 20 horas teóricas e 40 horas prácticas a desenvolverse dentro do marco das nosas actividades. Ofrecemos un lugar de aprendizaxe-lúdico exclusivamente pensado para a mozidade menor de idade, un colectivo con moitas ganas de facer cousas e poucos espazos adaptados a eles/as.
Ademáis, esta formación constará dun certificado acreditativo ao finalizar o curso para demostrar o esforzo e responsabilidade dos mozos e mozas.
Crearemos dous grupos acorde ca idade que terán unha temporalidade diferente:
Xóvenes de 16 e 17 anos (nacidos máis alá do 2005):
Parte teórica: 1ª Quenda, do 23 de xuño ao 1 de xullo.
Parte práctica: Mínimo de 40 horas no mes de xullo.
Xóvenes de 14 e 15 anos (nacidos entre 2007 e 2006):
Parte teórica: 2ª Quenda, do 4 ao 8 de xullo.
Parte práctica: Mínimo de 40 horas no mes de xullo.
Nota: Durante a 1ª Quenda (23 de xuño ao 1 de xullo) terán unha programación específica de ocio antes de comezar ca parte teórica en xullo.
INSCRICIÓN: 50 EUROS
4. ACAMPADA DE CATIVOS
Actividade pensada para acercar a experiencia da acampada aos cativos. Desenvolverase no Centro Don Bosco os días:
- 7 e 8 de xullo para nenos e nenas de 4 a 7 anos.
- 21 e 22 de xullo para nenos e nenas de 8 a 13 anos.
Comeza o xoves ás 10:00h nas Mañás e remata ás 14:00h do venres. Durmen e comen no Centro Don Bosco.
A couta desta actividade inclúe a comida, merenda e cea do xoves e almorzo do venres.
Abrirase o proceso de inscrición para a acampada de cativos durante as Mañás no Bosco
|
CUOTAS |
Participantes en Mañás no Bosco |
Non participantes en mañás no Bosco |
|
Acampada cativos |
25 € |
30 € |
AGOSTO (1ª Quincena)
1. SAN PEDRINES INSCRÍBETE
- Nenos e nenas de 4 a 8 anos (nacidos entre 2018 e 2014)
2. CAMPAMENTO URBANO INFANTIL INSCRÍBETE
- Para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos (nacidos entre o 2013 e 2008)
3. CAMPAMENTO URBANO XUVENIL INSCRÍBETE
-
- Para mozas e mozos de 14 a 17 anos (nacidos entre o 2007 e 2005)
Calendario:
- Quenda Q6: 1, 2, 3, 4 e 5 de agosto
- Quenda Q7: 8, 9, 10, 11 e 12 de agosto
Prezos (1ª Quincena agosto):
San Pedrines
|
NON SOCIOS |
SOCIOS |
||
|
Nº de Quendas |
Prezo |
Nº de Quendas |
Prezo |
|
2 |
95€ |
2 |
70€ |
|
1 |
58€ |
1 |
45€ |
O CAMPAMENTO URBANO é unha actividade aberta e de balde. Non inclúe os servizos de madrugadores e mediodía e pode ter algunha xornada de saída con actividades de mañá e tarde e unha acampada xuvenil. As familias poden colaborar voluntariamente para sufragar os gastos (agradécese calquera donativo).
FIN DE AGOSTO E SETEMBRO (do 22 de agosto ao 7 de setembro)
1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE
- Grupo PEQUENOS: nenos e nenas 4 a 6 anos (nacidos entre 2018 e 2016)
- Grupo MEDIANOS: nenos e nenas 6 a 8 anos (nacidos entre 2015 e 2014)
2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE
- Grupo de MAIORES 1: nenos e nenas 8 a 11 anos (nacidos entre 2013 e 2011)
- Grupo de MAOIRES 2: nenos e nenas 11 a 14 anos (nacidos entre 2010 e 2008)
3. MAÑÁS XUVENÍS INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2007 e 2005)
Calendario:
- Quenda Q8: 22, 23, 24, 25 e 26 de agosto
- Quenda Q9: 29, 30 e 31 de agosto, 1, 2, 5, 6 e 7 de setembro
Prezos (fin de agosto e setembro):
|
NON SOCIOS |
SOCIOS |
||
|
Quenda |
Prezo |
Quenda |
Prezo |
|
Q8 |
58€ |
Q8 |
45€ |
|
Q9 |
75€ |
Q9 |
55€ |
|
Q8 e Q9 |
115€ |
Q8 e Q9 |
75€ |
DESCONTOS
Existen descontos por maior número de quendas seleccionadas (indicados nas táboas de prezos)
Aplícanse descontos por irmáns á totalidade de cada bloque de actividade (xuño e xullo / 1ª quincena de agosto / fin de agosto e setembro), excluíndo quendas soltas, de 5€ para non socios e de 3€ para socios.
INSCRICIÓN
- Online (Recomendado): cubrindo o noso Formulario de inscrición online
- Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 19, de luns a venres.
- Prazas limitadas e inscricións ata completar aforos en todos os programas.
Para formalizar a inscrición será necesario e imprescindible presentar a seguinte documentación:
- Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Copia do DNI do pai, nai ou titor
- Copia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao participante
- Xustificante de pagamento de, como mínimo, a metade da couta.
Para realizar o pagamento existen tres posibilidades:
- Ingresando no número de conta do Centro Don Bosco en Abanca ES05 2080 0300 84 3040109663 indicando no concepto o nome do participante.
- Accedendo á pasarela de pagamento virtual NOVIDADE!!!
- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
Por motivos organizativos, as baixas comunicadas despois do 21 de xuño non teñen dereito a recuperación da cota.
Ningún neno/a sen actividades
Atendendo ao noso lema becamos casos particulares sempre que sexa posible e necesario.
Se algunha familia quere colaborar con nós para facer realidade esta opción, pode facelo na conta do Centro Xuvenil nº ES05 2080 0300 84 3040109663 ou entregar os donativos no propio centro
A TER EN CONTA
Os/as socios/as son aqueles que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2021-2022 (GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, +Q Apoio Escolar)
– En todas as actividades se realiza un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga.
– Neste verán non teremos un posto de venda na cafetería, polo que será obrigatorio traer algo de merenda e deixar o diñeiro na casa.
– Para os nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez a actividade é recomendable traer o primeiro día unha muda para que quede no centro.
– Todos/as os/as participantes deberán traer na súa mochila unha gorra.
– Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.
Recordade que a zona de Concheiros está actualmente en obras, e que a previsión é que estan finalizadas antes do verán. Na nosa web teremos unha nova para consultar como aceder ao centro.
Medidas e normas de bo funcionamento para as familias neste verán:
Haberá diferentes zonas de acceso e horarios recomendados por grupos de idades para favorecer que as entradas e saídas se produzan de xeito escalonado.
Todos os/as participantes deberán traer na súa mochilas unha mascarilla: recomendado nos menores de 6 anos e obrigatorio para todos os demáis por se fose necesario usala nalgún momento.
Na semana previa ao inicio das actividades farase unha reunión previa para as familias que o desexen na que se informará con máis detalle sobre as medidas e normas adoptadas para reforzar a seguridade nas actividades deste verán. A xuntanza se convocará por correo electrónico e a participación será en modo online.

