Un ano máis dende o Centro Don Bosco realizamos o Campamento Urbano nas primeiras semanas de agosto. O fío conductor do campamento este ano serán os xogos de mesa, a través dos cales coñeceremos as zonas máis emblemáticas e recursos da cidade de Compostela.
1. CAMPAMENTO URBANO INFANTIL: Para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos (nacidos entre o 2013 e 2008) INSCRÍBETE
2. CAMPAMENTO URBANO XUVENIL: Para mozas e mozos de 14 a 17 anos (nacidos entre o 2007 e 2005) INSCRÍBETE
A continuación indicamos os horarios das actividades:
Horario:
9:00 Chegada participantes
10:00 Bos días e presentación da xornada
10:15 1ª parte da actividade
11:30 Pausa para merendar
12:00 2ª parte da actividade
13:30 Saída
14:00 Fin da actividade
*Os días de excursións o horario será de 9:00 a 20:00
Calendario:
- Día 1 (luns): Apertura do Campamento Urbano na Plaza do Obradoiro
- Día 2 (martes): Uno: Coñecemos as zonas verdes da cidade
- Día 3 (mércores): Xuntanza Campamentos Urbanos – Ourense e Allariz EXCURSIÓN
- Día 4 (xoves): Monopoly: Recorremos as rúas máis emblemáticas da zona vella.
- Día 5 (venres): Piscinas do Sar (Pendentes da climatoloxía)
- Día 8 (luns): Dixit: Observamos o arte urbano da cidade e as zonas deportivas de Vite.
- Día 9 (martes): Piscinas do Sar (Pendentes da climatoloxía)
- Día 10 (mércores): Misterios de compostela: Coñecemos as prazas e fontes da cidade vella da man de personaxes galegos ilustres
- Día 11 (xoves): Saída a Marín: visita ao “Parque dos sentidos” e Praia EXCURSIÓN – Inscrición Excursións Campamento Urbano
- Día 12 (venres): Gran Feirón final
Prezo:
É unha actividade aberta e de balde na que as familias poden colaborar libre e voluntariamente para sufragar os gastos (agradecemos calquera colaboración).
Os servizos de Madrugadores, Atención ao Mediodía e Atención ao Mediodía extendido manteñen as características mencionadas en Bosco Verán 2022.
Inscrición
Ata cubrir prazas no Formulario de inscrición
Para ás excursións será obrigatorio apuntarse, sendo a data límite o día previo a cada excursión ás 14:30.

