Este verán 2022 pasei dous meses na Associação Juvenil de Deão, nunha freguesía de Viana do Castelo, en Portugal. A experiencia foi incrible, encantaríame recomendala e repetir se puidese. É unha asociación moi hospitalaria e adicada a unir á mocidade coa infancia, así como con outros grupos de idade. As actividades foron moi diversas, aínda que onde máis tempo pasei foi nos “campos de férias” con meniños e meniñas de 6 a 11 anos. Tamén organicei talleres para un público adolescente, participei nunha acampada xuvenil polo Día Internacional da Xuventude en Melgaço, axudei con tarefas de organización do espazo físico da asociación e preparei materiais para un futuro youth exchange. Foi un pracer! Moitas gracias! Obrigada!
LUGAR DE REALIZACIÓN: Deão, Viana do Castelo, Portugal
DATA DE REALIZACIÓN: 20/06/2022 — 19/08/2022
VOLUNTARIA: Elena Guerreira

